Skip to Content

Actualidade

SAMAÍN

Achégase a noite máis terrorífica do ano...e dende o CEIP Ángela Ruiz Robles xa nos estamos preparando para celabralo por todo o alto. 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propoñemos unha nova temática para este mes de novembro, baseada no Samaín. Para ir quentando motores, deixámosvos un vídeo explicativo desta festividade, así como un Scape interactivo. Deberedes estar moi atent@s á información do vídeo para poder resolver os misterios do Scape... Atrevédesvos?

 

GALEG@S DO MES DE OUTUBRO

Ola familias!

Estamos acabando o mes de outubro e xa temos aos/ás nos@s Galeg@s do mes! Son os seguintes:

Estefanía (4º Ed. Infantil)

Yoshimar (5º/6º Ed. Infantil)

María Carlota (1º Ed. Primaria)

Adrián (2º Ed. Primaria)

Rosalía (3º Ed. Primaria)

Yasmín (4º Ed. Primaria)

Jeremy (5º Ed. Primaria)

Catalina (6º Ed. Primaria)

E, por suposto, tamén temos á mestra Galega do Mes que é Verena!

Noraboa a tod@s!! 

Poderedes ver as súas fotos no paseo da fama no noso perfil de Instagram nos próximos días.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. Curso 2023/2024

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Cancélase a actividade de Cinefórum e impártese unha nova: xogos cooperativos.

O alumnado interesado en participar en calquera das actividades extraescolares, que terán lugar no noso centro de 16:00 a 17:30 horas, deberá tramitar a inscrición na administración en horario habitual.

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

 

Baile moderno (de Infantil a 2º de Primaria)

Patinaxe (todo o alumnado)

Baile moderno (de 2º a 6º de Primaria)

Debuxo e pintura (todo o alumnado)

 

Xogos cooperativos (todo o alumnado)

Xogando coa ciencia (todo o alumnado)

 

 

 

 

Lembramos que é fundamental a puntualidade na entrega e recollida do alumnado. 

Para a actividade de patinaxe son imprescindibles os patíns e as proteccións correspondentes.

A reiterada falta de asistencia inxustificada ás actividades extraescolares causará baixa inmediata.

DÍAS NON LECTIVOS

IMPORTANTE. Os días 12 e 13 de outubro, coincidindo coa festividade nacional, serán non lectivos e polo tanto o centro permanecerá pechado.

 

A dirección.

CAMBIO NO MENÚ

Infórmannos dende a coordinación de comedores escolares que este venres, día 29 de setembro, servirán mandarina en lugar de laranxa.

 

O equipo directivo

GALEGO DO MES DE OUTUBRO

Ola familias!

Despois destas primeiras semanas de volta ao cole, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega voltamos con novas actividades.

Vendo a boa acollida que tivo “A/o galega/o do mes” no curso pasado, ímoslle dar continuidade a esta proposta. Mais nesta ocasión, ímonos basear no cine, sendo esta a temática xeral do centro para este curso escolar. É por isto que os nenos e as nenas terán o seu particular paseo da fama, onde se colocarán as estrelas do galego ou galega de cada mes.

Para este mes de outubro, traballaremos os materiais do colexio en lingua galega. Adxuntamos dúas propostas: a primeira delas para as/os máis pequenas/os e a segunda para os maiores.

Que comece o reto!

CAMBIO NO MENÚ

Infórmannos desde a coordinación de comedores escolares de que hoxe, na quenda de xantar, darase plátano no canto de melocotón.

 

O equipo de directivo.

RECOLLIDA FONDO LIBROS 3º DE PRIMARIA

Mañá martes, día 12 de setembro, entregaranse os libros do alumnado de 3º de Educación Primaria destinatario do fondo. As familias poderán pasar a recollelo en horario de 18:00 a 19:00 horas.

 

O alumnado de 4º de Educación Primaria quedará pendente de aviso por parte da titora.

 

O equipo directivo.

IMPORTANTE. SERVIZO DE MADRUGADORES E COMEDOR ESCOLAR

O luns 11 de setembro, co inicio do curso, comezamos co servizo de madrugadores e comedor escolar. Recordade que os usuarios debedes ter descargada a aplicación "Colechef". Desde ahí levarase a xestión do mesmo.

Imagen de icono

O equipo directivo.

PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º DE INFANTIL (3 ANOS)

Máis información na reunión do mércores día 6 coa titora.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut