Os nenos e nenas de 3º e 4º de E. Primaria fomos de excursión a BETANZOS. Ademais de desfrutar dun día de sol espléndido, fíxonos moita ilusión ir en tren, para moitos de nós foi a primeira vez que utilizamos este medio de transporte.
Xa dende o tren, vimos paisaxes moi bonitas e as estruturas que se están construíndo en Fene para colocar xeradores e aproveitar a enerxía eólica.
Chegamos a Betanzos e percorremos o casco histórico, da que foi unha das vilas máis importante na Idade Media, e ademais, Betanzos foi unha das sete provincias do Antigo Reino de Galicia.
Paseando pola p do río Mandeo chegamos ao PARQUE DO PASATEMPO, construído hai uns cen anos por dous irmáns de Betanzos que emigraron a Arxentina, fixeron fortuna, e ademais de facer escolas para os nenos e nenas de Betanzos, quixeron representar neste parque o que ían vendo polo mundo que percorreron, para darllo a coñecer aos seus veciños.
Pareceunos impresionante, vimos estatuas, grutas, estanques con parrulos, cisnes , gansos, e meténdonos por unha gruta chegamos á terraza donde nos sorprendeu un enorme león de pedra. Dende esa terraza divisamos toda a vila.
Despois de comer fomos xogar a un labirinto vexetal, cerca del vimos unha gansa incubando ovos, sorprendeunos como o macho se poñía en garda cando nos achegabamos a ela, pensaba que lle podíamos facer dano!!!!
Regresamos no tren cansos pero moi contentos de ver tantas cousas que nos sorprenderon e espertaron a nosa curiosidade.
Premendo na imaxe podedes ver todas as fotos desta marabillosa excursión.