Skip to Content

8 de abril, Día do Pobo Xitano

 

O día 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano e nós no centro, e a suxestión de Laura e Lucía, que levan o plan sociocomunitario de Recimil, quixemos conmemoralo escoitando a Faustino que nos falou da procedencia dese pobo, da súa cultura, tamén aprendemos algunha palabra romaní,e sorprendeunos moito a cantidade de xitanos famosos que hai, entre eles moitos futbolistas; pero... sabedes que a primeira muller que deu clases nunha universidade europea, foi xitana??????, e que Charles Chaplin era xitano?, pois si, os seus pais abandonárono e foi adoptado por unha familia xudea, mais el sempre se sentiu moi fachendoso da súa orixe xitana; que se lles chama xitanos porque pensaban que viñan de Exipto e chamámballes Exiptanos, o que derivou en xitanos; que o de paios procede de paiés, campesiños de Cataluña. Moitas grazas, Faustino!



page | by Dr. Radut