Skip to Content

Visita á exposición das abellas

O alumnado de Primaria tamén asistiu á exposición que, sobre as abellas, tivo lugar no Centro Cultural Carvalho Calero. Foi moi interesante, chamounos moito a atención o de que haxa xente que se trate con picaduras de abellas, xa que, din, teñen propiedades antiinflamatorias. Tamén o de que as abellas adoitan ser as nosas amigas e pódese tratar con elas sen traxe. O que non nos gustou nada, pero nada, nada, foi o da avespa velutina (tedes a diferenza entre elas na galería de fotos), está a acabar coas nosas abellas. Son moi malas, xa que esperan a que saian as abellas da colmea para atacalas. en youtube hai moitos vídeos que mostran como están acabando coas nosas colmeas. Sospéitase que se introduciu en Europa coa importación dos caquis.



page | by Dr. Radut