Skip to Content

Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

 

O día 2 de abril, fomos á praza de Armas a apoiar aos nenos autistas, nós tamén quixemos e queremos darlles visibilidade. Alí escoitamos as súas mensaxes, fixéronnos saber que teñen os mesmos sentimentos, as mesmas ilusións, os mesmos soños... que cada un de nós. Pasamos o testemuño, que é o da foto, e soltamos globos azuis. Ao remate do acto, fomos dar un paseo por Canido para ver as Meninas.



page | by Dr. Radut