O alumnado de 5º e 6º de primaria visitamos o pasado 26 de marzo a BIBLIOTECA MUNICIPAL na Praza de España de Ferrol.
Percorrimos todas as plantas, nas que vimos moitísimos libros, algúns deles moi antigos, e salas de ordenadores a disposición dos usuarios da biblioteca.
Detivémonos na sección infantil e xuvenil situada na planta baixa e dotada de toda toda clase de libros, revistas, cómics, cds de música, películas e videoxogos que podemos levar ás nosas casas en préstamo.
Ademais, temos a posibilidade de asistir a actividades para aprender e pasalo ben, comocontacontoseobradoiros.
Saímos moi contentos e animáronnos a facer o carné de lectores para que nos sexa máis fácil disfrutar desta magnífica biblioteca.