Participación do alumnado de 3º de E. Primaria, o xoves 29 de xaneiro, no obradoiro "Os 3 R" (Reducir, Reutilizar e Reciclar) na AEU (Aula de Ecoloxía Urbana) de Ferrol.
Ademais de aprender o proceso de elaboración de pasta de papel, fixeron un marcapáxinas que decoraron ao seu gusto con recortes de periódicos, revistas e folletos.
Selección de recursos en internet aos que se pode acceder desde a aula virtual da páxina web ou desde o seguinte enlace:
Ciencias Naturais e Sociais 3º
(Curso incluído na categoría "2º ciclo E.P.")
O alumnado de 4º de E. Primaria tamén asistiu á AEU a semana anterior, o xoves 22 de xaneiro. Neste caso o obradoiro no que participaron foi no titulado: Redes tróficas. Quen se come a quen? As actividades consistiron en xogos e fichas co obxectivo de mostrar a riqueza biolóxica da cidade e do seu contorno, descubrir as relacións alimenticias entre os seres vivos da cidade, asociar os animais cos distintos hábitats existentes no municipio e fomentar actitudes de respecto cara aos animais e ás plantas.
Recursos na aula virtual, tamén na categoría "2º ciclo E.P.":
Ciencias Naturais e Sociais 4º