Ao longo de varios días estívose conmemorando o Día das Letras Galegas con diversas actividades sobre Florencio Manuel Delgado Gurriagán.
- Genially elaborado polo equipo de DLG. (Enlace ao Recinova nº 52)
- Unidades didácticas.
- Retrato de Florencio Delgado en forma de crebacabezas.
- Exposición do mural das Letras Galegas.
(Premer nas imaxes para velas no seu tamaño orixinal)
- Exposición no ximnasio de "Galicianas. Mulleres galegas facendo historia". (Ver na galería)
- Dramatización, tamén no ximnasio, do conto "Corre corre, cabaciña" (Eva Mejuto e Andre Letria) por parte do alumnado de 6º, con acompañamento musical do mestre de Música e coa canción do mesmo conto como remate final.