Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Día das Letras Galegas

Sabiades que  Xela Arias Castaño  foi unha  importante escritora, poeta e tradutora lucense que escribiu en varios idiomas? E que ademais foi editora e profesora de lingua galega?

Pois ben, este ano a  Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas que, como ben sabedes, celébrase o vindeiro luns 17 de maio. 

Ademáis de escribir libros para adultos , traduciu á lingua galega unha morea de libros interesantes para nenos e nenas. Moitos deles están na nosa biblioteca! Non deixedes de pasar por alí! Aquí vos mostramos algúns dos títulos…

ANDORIÑA - MAIO 2021

 

Velaquí un novo número da nosa revista escolar, Andoriña. Preme na imaxe para entrar. Que a disfrutedes!

Radio Escolar

Último programa da Radio Escolar. Que mágoa!

Que divertido foi participar neste proxecto con Radio Tui. Nesta ocasión os rapaces de cuarto de Primaria colaboraron cos rapaces de Infantil de 4 anos na recomendación lectora do libro Orellas de Bolboreta da Editorial Kalandraka. 

Escoitade, escoitade...

 

CONTOS E MÁIS CONTOS

      Seguimos celebrando o "Día do libro" con máis contos. Nesta ocasión trátase dunha historia "cunha cor especial", unha versión do libro, O pito Cairo, realizada pola profe de A.L. e o alumnado de 2º B. A ver se vos gusta!

 

                  

DÍA DO LIBRO

      O pasado día 23 de Abril celebramos o "Día do Libro". Para iso o equipo de Voluntariado de 6º de E. Primaria ofreceu un conto no Kamishibai ao resto do alumnado. Respectando o protocolo covid, os nenos e nenas do centro foron pasando polo corredor de entrada ao cole, onde puideron desfrutar do conto "Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?".

      Aínda que foi unha celebración diferente, as voluntarias deron o mellor de si para achegar os libros a todos e todas.

Bailando! A nosa primeira curtametraxe

Antes das vacacións, os estudantes de 4º de Primaria estiveron experimentando por primeira vez coa animación dixital. Inspirados en Keith Haring, e  a súa singular figura humana e  movemento, creamos as nosas pequenas personaxes, Aquí tedes a estrea da nosa mini curtametraxe da que aprendemos moito para seguir mellorando.

Bailando!

 

Orellas de Bolboreta

Os rapaces de 4º que cursan Valores  queren presentarvos o libro "Orellas de bolboreta" onde aprendemos sobre o respecto e as diferenzas. Esperamos que vos guste a nosa interpretación!

 

Recomendación Lectora para Radio Tui

Unha nova recomendación lectora no aire para todo o Baixo Miño na que traballaron conxuntamente 6º de Infantil e 4º de Primaria. Escoitade e veredes que divertida está a canción que os pequechos aprenderon! 

A mellor sopa do mundo (colección O): Amazon.es: Isern Iñigo, Susanna,  Ferrero Barrio, María del Mar, Liván García, Paco: LibrosLa niña que nunca cometía errores (Picarona Infantil): Amazon.es: PETT,  MARK, RUBINSTEIN, GARY, Pett, Mark, de las Heras Rodriguez, Miriam: Libros

 

Resposta aos nosos compañeiros/as radiofónicos/as de 4º de Educación Primaria

A mellor sopa do mundo (colección O): Amazon.es: Isern Iñigo, Susanna,  Ferrero Barrio, María del Mar, Liván García, Paco: Libros

 

En resposta ao conto que tan ben nos leron os alumnos e alumnas de 4º de Primaria que acuden a Valores, enviamos a canción do conto que imos recomendar no programa de radio que compartiremos con esta clase. Encántanos ser os vosos compañeiros/as radiofónicos/as!!

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Ola chic@s!

Aquí vos deixamos as últimas NOVIDADES chegadas á nosa BIBLIOTECA.

Hai alguén interesado en coñecer os "Guinness dos récords 2021"?

Tamén continuamos coa colección do "Diario de Greg" Nos vos perdades os últimos capítulos!

E non podían faltar libros de poemas, de misterio... en lingua  galega, castelá e tamén en inglés.

Anímadevos a pasar polo noso andel de Novidades!!


 

Distribuir contido


by Dr. Radut