Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

CONVOCATORIA FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL 2021-2022

 

Premendo na imaxe poderá acceder á información

PRAZOS:

- Prazo de presentación: ata o 22 de xuño de 2021 (incluído)

- Publicación listaxes provisionais: 25 de xuño de 2021.

- Reclamacións: 28 e 29 de xuño de 2021.

- Publicación listaxes definitivas: 1 de xullo de 2021.

- Entrega de vales: 5 de xullo de 2021. (Tódolos vales se entregarán ese día en horario de 9.00h a 14:00h. Non se fará entrega de vales en setembro)

 

DOCUMENTACIÓN:

- Anexo I e Anexo II debidamente cubertos e asinados.

- Copia do Libro de Familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

- En caso de separación ou divorcio: sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.    

Aconsellamos nos remitan a solicitude cuberta a través dos vosos/as fillos/as. De outro modo, será preciso pedir cita previa no 886 11 08 08

 

 

 

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022

Premendo na imaxe poderás acceder á información sobre a entrega das solicitudes para o curso 2021/2022. 

 

-DESCARGA DA SOLICITUDE (ANEXO II)

Documentación a aportar: Fotocopia do libro de familia ou do DNI do alumno/a

Para entrega das solicitudes na Secretaría da escola  pedide cita no número de telefono 886110808

 

INICIO DA FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A)coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

A solicitude de reserva de praza escolar será única e presentarase no centro de orixe ou na sede electrónica a través da aplicación admisión alumnado.

 

NOVIDADES

Xa chegaron as novidades! Correde a por elas, que escapan!

NOVIDADES

Xa chegaron as novidades! Correde a por elas, que escapan!

ELECCIÓN AO CONSELLO ESCOLAR

FAITE SOCIO DA ANPA

XOGOS DE MESA na biblioteca

Regresan os voluntari@s para lembrarnos que na biblioteca dispoñemos dunha chea de XOGOS DE MESA cos que podemos gozar e aprender !!!

 

 
A continuación presentamos  a explicación do xogo: GRAVITY MAZE

 

14 de novembro, día mundial da Diabete,

Este próximo domingo 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetee este ano cúmprese o primeiro centenario do descubrimento da insulina, sin a insulina todos os que padecen diabetes tipo 1 non poderían sobrevivir. Así que queremos deixarvos algunhas ideas para celebralo grandes e pequenos.

 

 
 

Construíndo a igualdade

Os estudantes de Valores de 3ºB debatiron, investigaron e compartiron as súas ideas sobre a igualdade. Este é o seu proxecto final.

Fantástico traballo rapaces!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut