Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Concerto do Correlingua

No noso cole temos moita marcha. Por iso, participamos nos concertos virtuais do Correlingua e celebrar a nosa lingua con moita enerxía. Se non tivéchedes oportunidade, sempre podedes ver a grabación na súa canle.

 

 

Obradoiro de cociña: SUSHI ESPECIAL RANDUFE

Non tedes moita fame?

Os estudantes de 3ºB vanvos contar como preparar unha receita deliciosa que podedes facer vos mesmos na casa. Seguide os pasos e ... A PAPAR!

 

Mindfulness

01/11/2021 18:47
Europe/Madrid

Dende o Departamento de Convivencia iniciamos esta sección onde publicaremos cada mes exercicios relacionados coa práctica do “Mindfulness”

Para xenerar unha adecuada convivencia é preciso estar serenos e tranquilos tanto física como mentalmente.   

Practicando “Mindfulness” sentirémonos…

          Máis tranquil@s.

                      Con maior grao de concentración.

                             Máis segur@s de nós mesm@s.

                                      Máis amables cos demais.

Comezamos cun conto para aprender a respirar. Procurade un espazo tranquilo, poñédevos cómodos e  escoitade…

Samaín 2021

Deixámosvos unha mostra das terroríficas cabazas que fixeron os nosos monstruiños.

 

Contos polo Samaín

26/10/2021 19:06
Europe/Madrid

Se che gustan as historias de medo, estás de sorte! Non deixes de pasar polo andel que está situado na entrada do colexio.

Hai unha moooooorea de historias terroríficas!! 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

PREMA NO ENLACE PARA VER TODA A INFORMACIÓN

INAUGURACIÓN

Bo día! Son Chisco, a mascota da vosa biblioteca. Estou aquí de novo con todos vós para inaugurar a Biblioteca Escolar coa colaboración dos maravillosos Chiscoaxudantes! 

Non deixedes de ver o video de presentación! 

Tamén vos mostramos o "Libro xigante das palabras poderosas"  que construímos entre tod@s para amosar a importancia das palabras na nosa convivencia.

Moito ánimo! Hai unha morea de libros esperándovos! 

  

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 21-22

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

 

PROTOCOLO SITUACIÓN COVID CURSO 21-22

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL CURSO 2021-2022

Distribuir contido


by Dr. Radut