O venres 17 de novembro, o alumnado do CEIP Ramón Falcón, visitou as instalacións de Champivil (Vilalba) dentro do programa Da Escola á Granxa. Aquí tedes un pequeno resumo.
O venres 17 de novembro, o alumnado do CEIP Ramón Falcón, visitou as instalacións de Champivil (Vilalba) dentro do programa Da Escola á Granxa. Aquí tedes un pequeno resumo.
Vídeo resumo sobre todas as actividades propostas pola Fundación Breogán no seu programa "Máis que Básket no rural". Moitas grazas por achegarnos o básket a Castro de Rei.
O alumnado da Educación Primaria do CEIP Ramón Falcón visitou El País del Abeyeiro, situado no concello lucense de Negueira de Muñiz, para aprender moitas cousas sobre a vida das abellas e dos ecosistemas que nos arrodean.
Durante o martes 31 de outubro, o centro celebrou o Samaín 2023 con diferentes actividades. Velaquí un resumo das mesmas.
O martes 24 de outubro, a Falconteca celebrou o día das bibliotecas.
Mostrouse a todo o alumnado os dous espazos da biblioteca, entregáronse os carnés do préstamo e presentáronse os voluntari@s da biblioteca.
Tamén, presentouse o proxecto das "Mochilas Viaxeiras".
Pequeno vídeo sobre o acontecido na celebración do Magosto 2023 no CEIP Ramón Falcón.
A partires do luns 9 de outubro, a fundación Breogán organiza, nos dous centros educativos de Castro de Rei (Veleiro Docampo e Ramón Falcón), a actividade Máis que basket no rural. Moitas grazas por traernos esta marabillosa iniciativa!
Adxúntase a relación do fondo de libros para o vinderio curso académico 2023/2024.
A lintaxe tanto dos libros como aos que ten dereito cada neno/a está exposto no taboleiro do colexio.
Ante calquera dúbida poñédevos en contacto co nos.
Unha aperta!
Un ano máis, toca poñer o punto e final a un curso escolar cheo de actividades e de moito traballo. Dende o CEIP Ramón Falcón, queremos desexarvos que pasedes un moi bo verán para voltar en setembro coas pilas máis cargadas que nunca!