Durante o mes de outubro na materia de plástica bilingüe, os nenos e nenas de primeiro e segundo continuamos aprendendo vocabulario das partes da cara: head, eyes, nose... E como tiñamos ganas de vernos sen a máscara, empregamos as nosas fotografías para completar a metade do noso retrato mediante o debuxo. Despois, creámoslles uns marcos moi coloridos. Creatividade en estado puro! Agardamos que vos gusten!
Durante os primeiros días de curso na materia de plástica (Arts & Crafts), os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria crearon máscaras moi orixinais para as súas mascotas o lobo Lupo e o oso Urso das Montañas do Courel. Ademais, aprenderon vocabulario relativo ás partes da cara: ears, nose, mouth, eyes... Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Agardamos que vos guste!
Onte, día 5 de outubro, os nenos e nenas de segundo de primaria tiveron a visita de Braulio dos Bolechas, quen lles explicou moi ben para que serve o teléfono de emerxencias, 112, cando se debe usar, como usalo; e tamén, como son as súas instalacións e o seu funcionamento. Esta actividade tivo lugar na biblioteca do colexio.
Premendo AQUÍ podedes descargar un documento informativo para as familias do alumnado de 4º de Educación Infantil. Nel podedes atopar información da incorporación escalonada dos nenos e nenas ó centro así coma das pautas e normas de funcionamento.