Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

SAIDA DE 3º E 4º DE PRIMARIA AO PASEO FLUVIAL

29 Nov 2021
Europe/Madrid

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria realizaron a saída deste trimestre. Investigaron na aula as características das árbores que conforman os bosques típicos da Ribeira Sacra para logo na saída, identificalas e poñer en común o investigado.

Podes ver as fotos, pulsando AQUI

VISITA AO MUSEO XEOLÓXICO DE QUIROGA DE 6º EP

Os alumnos e alumnas de sexto de primaria visitaron o Museo Xeolóxico de Quiroga. Ali foron recibidos por Ramón Vila, director do museo, que lles explicou de xeito moi didáctico a historia xeolóxica do Xeoparque Montañas de Courel. Moitas grazas a Ramón que sabe espertar como ninguén o interese dos nenos e nenas! Sen dúbida unha visita moi interesante!! Para ver as fotos pulsa na imaxe:

CAMIÑANDO A SANTIAGO, milla a milla cada día

O alumnado do CEIP de Quiroga está a realizar a Milla Diaria. Unha actividade para facer exercicio físico cada día no cole. Cada percorrido que realicen contabilízase e contribúe á realización dun virtual Camiño de Inverno, o Camiño de Santiago que percorre a Ribeira Sacra. 

Aquí podes ver a evolución do noso camiño. Actualmente estamos en:

 

 

 

 

CONVOCATORIA ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA DO SECTOR DE PAIS/NAIS PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Convocatoria

Distribuir contido


by Dr. Radut