Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

WINTER MANDALA

Durante o mes de xaneiro nas sesións de plástica bilingüe en primeiro e segundo de primaria, coloreamos winter mandala (mandalas de inverno). Para iso, empregamos winter colors (cores frías) e aproveitamos para repasar o seu nome en inglés (blue, grey, purple, green...). Agardamos que vos gusten!

 

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase este día dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. Neste día os centros de ensino comprométense como defensores da paz e entendimento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Hoxe o CEIP de Quiroga tiña programada a carreira solidaria coa ONG Save te Children.

BO NADAL!/ MERRY CHRISTMAS!

Na derradeira sesión de plástica bilingüe do ano en primeiro e segundo, creamos unhas coroas de advento empregando os anacos de folla que nos sobraron das vidreiras de outono (autumn suncatcher). Agardamos que vos gusten! Bo Nadal a todos e todas! Merry Christmas!

AUTUMN SUNCATCHER/ VIDREIRAS DE OUTONO

Para despedir o outono nas sesións de plástica bilingüe, en primeiro e segundo creamos unhas vidreiras (suncatcher) coa forma das follas dalgunhas das árbores do noso territorio. Aprendimos o nome destas árbores en galego e inglés: carballo (oak tree), castiñeiro (chestnut tree), faia (beech tree) e sobreira (cork tree). Ademais, repasamos as cores do outono en inglés e, por suposto, adestramos as nosas habilidades manuais e creativas, recortando, picando co punzón e combinando as cores. Mirade que bonitas! Ata o próximo outono! Bye, bye Autumn!

AUTUMN PETS

Hello everybody! Durante estes meses de outono nas sesións de plástica bilingüe en primeiro e segundo creamos dúas mascotas (Autumn Pets) que podemos atopar entre a fauna do no noso territorio Xeoparque: o ourizo (hedgehog) e o moucho (owl). Con este pretexto aproveitamos para recordar vocabulario das cores do outono (red, orange, yellow, brown...) así coma do material escolar (scissors, crayon, glue...). Agardamos que vos gusten! 

O SAMAÍN NO COLEXIO

ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS

Onte, no colexio, tivemos a visita de Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca vai de aquí a acolá “. Esta actuación forma parte das actividades de igualdade para o curso 2020-2021 organizadas pola ANPA do CEIP de Quiroga. As nenas e nenos de educación infantil desfrutaron moitisimo!!

Podedes acceder as fotos premendo na imaxe:

HAPPY HALLOWEEN

Como non podía ser doutra forma, esta semana na materia de plástica bilingüe aprendimos vocabulario propio de Halloween creando diferentes máscaras: pumpkin (cabaza), black cat (gato negro), Frankenstein e sugar skull (catrina). A ver se adiviñades quen é quen!

  

Distribuir contido


by Dr. Radut