O luns 31 de xaneiro todos os colexios do concello de Pontevedra reunímonos na praza da Ferrería para celebrar conxuntamente o Día da Paz.
Este ano o lema elixido foi "ENTRE TODOS CONSTRUÍMOS A PAZ" e levámolo nunha pancarta e nas pegatinas.
Preme na pegatina se queres ver as fotos do acto da Ferrería
Na xuntanza de todos os centros seguiuse o seguinte programa de actuacións:
1ª Actuación: Presentación do acto a cargo do locutor de Localia Manolo Fernández
2ª Actuación: Nomeamento dos colexios a cargo de Manolo Fernández para depositar un ou dous cubos con lemas sobre a PAZ
3ª Actuación: Canción: "O XOGO DA CARRASQUIÑA", ambientada con movementos por Susa Herrera
4ª Actuación: Lectura de poesías, manifesto e frases sobre a Paz.
5ª Actuación: Intervención do Concelleiro de Educación de Pontevedra
6ª Actuación: Solta de pombas
Para rematar o acto sonou a canción de Axel "Celebra la vida".