Moitas veces as familias, sobre todo as que inician a aventura do cole por primeira vez xunto cos seus fillos/as non saben moi ben o que é, e porque é importante unha ANPA no centro escolar. Por iso, queremos comentarvos unha serie de motivos polos que consideramos que a implicación nestas asociacións é fundamental para mellorar a calidade do ensino que reciben os nosos fillos/as:
-
A ANPA organiza actividades, festas e excursións, pero tamén vela e reivindica melloras, expón problemas e busca solucións por exemplo, en canto a instalacións, dinámicas do centro, etc.
Formamos parte da comunidade educativa. O colexio non é so o profesorado e os alumnos TAMÉN FORMAMOS PARTE DÉL AS NAIS E PAIS.
Finalmente, comentaros que: a participación no colexio e na educación dos nosos fillos a través da ANPA é unha cuestión de RESPONSABILIDADE das familias, e que esta asociación como calquera outra pode ser o que os seus integrantes queiran que sexa, centrándose máis nuns aspectos ou noutros, pero que para que funcione mínimamente, son necesarias familias que queiran ou poidan invertir algo do seu tempo nela.
ANPA Virxen do Carme