Skip to Content

VIAXE A LUGO DE 3º E 4º

Este mércores 13 de decembro o alumnado de 3º e 4º de primaria viaxaron a Lugo para asistir no Auditorio Gustavo Freire á obra de teatro RUBICUNDO. Despois comeron e completaron a xornada nun centro comercial da capital da provincia. Para ver algunha foto pincha na imaxen:

DIA DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Hoxe conmemoramos o DIA DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMIA DE GALICIA. En primeiro lugar os nenos e nenas de 6º nos explicaron que era esto da Constitución e do Estatuto e despois contáronnos un conto para que o entenderamos de forma práctica. Rematamos cantando unha canción sobre a Constitución.

SEMANA DA CIENCIA NA BIBLIONOVA

Durante esta semana, do 27 de novembro ao 1 de decembro celebramos a SEMANA DA CIENCIA NA BIBLIONOVA. Cada día, despois do recreo cada clase nos presenta o seu "experimento". Así, 

LUNS: 

- 4º E 5º DE INFANTIL: COHETE

- 6º DE INFANTIL: CALEIDOSCOPIO

MARTES:

- 1º E 2º DE PRIMARIA: CROMATOGRAFIA

MERCORES:

25 DE NOVEMBRO DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Hoxe no colexio quixemos aportar o noso grao de area na celebración do DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

Así, os nenos e nenas de 6º de primaria prepararon uns lazos violeta que repartiron a todas as persoas que hoxe se achegaron ata o centro. Tamén todos os membros da comuidade educativa hoxe no cole temos o noso lazo violeta.

THANKSGIVING DAY

Este mércores celebramos no Cole o THANKSGIVING DAY, o DIA DE ACCIÓN DE GRACIAS. Comemos todos xuntos e, como é tradicional, comemos o pavo.

Todos os nenos e nenas deron as gracias polas súas intencións e colocáronas, en forma de notas musicais, no comedor en pentagramas, xa que o PDI deste curso xira entorno á música.

Pinchando na imaxe podedes ver todas as fotos da actividade:

CAMPAÑA DE ALIMENTOS NON PERECEDEROS "OPERACIÓN KILO", ROUPA E XOGUETES

Un ano máis colaboramos coa Asociación As Minas nesta Campaña. Anímate a participar

 

... E O MAGOSTO

Coa chegada do outono tamén chegou o momento da celebración de actividades típicas nesta época. E como non podía ser doutro xeito outro curso máis celebramos o noso MAGOSTO. Así, este venres pola tarde no polideporivo disfrutamos, coñecemos e xogamos con novos XOGOS TRADICIONAIS, despois estivemos asando as castañas e finalmente merendamos castañas e un batido todos xuntos, familias, profesorado e alumnado. 

Pinchando na foto podes acceder ao album con máis fotos sobre o magosto e as actividades:

CHEGOU O OUTONO AO COLE

O alumnado de educación infantil fixo chegar o outono ao noso cole a través deste mural que prepararon entre todos e todas.

SAMAIN - HALLOWEEN

Onte e hoxe celebramos no cole o Samaín e o Halloween. As nenas e nenos trouxeron moitas cabazas moi ben preparadas, e hoxe unha nena de 6º leunos a historia de por que se celebra o Samaín e o Halloween. As nenas e nenos de 1º e 2º nos fixeron un baile e para rematar os nenos e nenas de 6º disfrazados fixeron polas clases o famoso "trick or treat".

Pinchando na foto podedes acceder para ver todas as fotos destas actividades:

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este martes 24 de outubro celebramos o DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES cunha serie de actividades nas que participamos todo o alumnado e o profesorado. Dende o equipo da biblioteca planificouse a elaboración de marcadores por parte do alumnado e que serán empregados para colocar no sitio dos libros que se retiren dos estantes e así, non perder a súa ubicación.

Distribuir contido


by Dr. Radut