Skip to Content

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este martes 24 de outubro celebramos o DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES cunha serie de actividades nas que participamos todo o alumnado e o profesorado. Dende o equipo da biblioteca planificouse a elaboración de marcadores por parte do alumnado e que serán empregados para colocar no sitio dos libros que se retiren dos estantes e así, non perder a súa ubicación.

O alumnado de 6º de primaria exerceu de guía das actividades, así, en primeiro lugar fixo os seus propios marcadores para despois ir polas distintas clases en grupos e explicarllo para facer aos demais compañeiros. Asi mesmo, explicáronlles cun power point a finalidade dos marcadores e recordar as normas da BIBLIONOVA.

Xa pola tarde, acompañado dun video de presentación de Mary Poppins procedeuse á lectura do Pregón "Como Mary Poppins pero sen voar". Rematamos o día coa elaboración por grupos de puzzles co cartel que representa o lema das bibliotecas escolares de Galicia 2017 "Aprende a pensar coa biblioteca escolar".

Podedes ver algunha foto destas actividades na Galeria de imaxes, pinchando na imaxe do cartel que está debaixo ou seguindo o seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontenova/galeria/thumbnails.php?album=13

 

 



page | by Dr. Radut