Skip to Content

SAIDA DE 5º E 6º A UN CONCERTO DIDACTICO

Este mércores o alumnado de 5º e 6º de primaria desprazáronse ata Lugo, concretamente ata o Auditorio Gustavo Freire para asistir a un Concerto didáctico. Así mesmo, visitaron a Exposición itinerante "A plastihistoria" e a Exposición de Instrumentos Musicais antigos.

CHARLA SOBRE RECICLAXE

Onte o alumnado de primaria tIvo unha charla de sensibiización e información sobre RECICLAXE a cargo do técnico  Pedro Miranda Varela.

SAIDA DO ALUMNADO DE PROA

Este luns o alumnado de PROA levou a cabo a súa tradicional saída de "fin de curso". Nesta ocasión foron á Granxa Ëscola Ría del Eo, en Castropol - Asturias. Pasaron un día diferente e moi entretido.

ANPA. I XUNTANZA FIN DE CURSO

Benqueridas familias,

Como vos adiantaramos a semana pasada, queriamos organizar algo de cara a fin de curso.

ESTREAMOS MURAL NO PATIO

Onte estreamos mural novo na entrada do Cole. Nel aportamos o noso grao de area, mellor dito, de pintura. Grazas á diseñadora Ana. 

ANPA. AVISOS XUÑO

Ola familias!!!

 

Damos comezo ó mes de xuño, mes de fin de curso, mes no que  @s nos@s nen@s collen as vacacións! que rápido pasou.

Pois ben, chegados a este punto dende a ANPA temos cousiñas que contar:

- Damos por rematadas as clases extraescolares tanto de inglés como de mecanografía, queremos dar as grazas ós profes pola colaboración e os alumnos pola confianza en que estas puideran levarse a cabo.

DESPEDIDA DA NOSA AUXILIAR LISSETT

Este mércores 31 despedimos á nosa auxiliar de conversa durante este curso LISSETT. Thank-you very much for all!!!

GOOD LUCK LISSETT!

INTERCAMBIO DEPORTIVO COS CEIP DE LOURENZA E RIOTORTO

O pasado vernres recibimos no noso centro ao alumnado de 3º a 6º dos CEIP de Lourenzá e Riotorto. Neste INTERCAMBIO DEPORTIVO tivemos uns partidos de futbol-sala e baloncesto, unha xincana no patio do cole e para rematar comemos todos xuntos.

Pronto publicaremos algunhas fotos.

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS 2017

Este venres tivemos no cole a Servando Barreiro que veu amosarnos a súa proposta didáctica a través de O BARDO ABELARDO, músico e contador de historias. 

Así, O Bardo Abelardo rendeu homenaxe a Carlos Casares cun percorrido audiovisual pola vida e obra do autor, seguindo cunha serie de contos con referncias expresas as obras infantiles  de Carlos Casares como "As laranxas mais laranxas de tódalas laranxas" ou "A galiña azul".

NAVEGA CON RUMBO

Hoxe o alumnado de 5º e 6º recibiu unha charla dentro do programa NAVEGA CON RUMBO, co fin de facer un uso responsable da internet, as súas cousas favorables e coas que temos que ter coidado.

Distribuir contido


by Dr. Radut