Blogues

LISTADO ALUMNADO CURSO 2022-2023

A partir de mañá, 2 de setembro, estarán expostas as listas das aulas para poder ser consultadas en horario de 9.30 a 14.30 nos taboleiros situados na conserxería

ENTREGA DE VALES E CHEQUES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL. CURSO 22/23

Recollida de vales e cheques dende o día 2 ata o 6 de setembro. 

Recolleranse na Secretaría do centro en horario de 10 a 12.30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale ou/e o cheque previa presentación do DNI/NIE. De non poder acudir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:

-Venres, día 2: 1º nivel e 2º nivel 

-Luns día 5: 3º nivel e 4º nivel

-Martes día 6: 5º e 6º nivel.

Poderanse recoller os vales dos irmáns no mesmo día. 

Os libros de 3º e 4º serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.

ABERTO O PRAZO PARA REALIZAR A INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA PARA O CURSO 2022/2023

Do 1 ao 12 de setembro (ambos inclusive) queda aberto o prazo para realizar a inscrición na actividade de biblioteca para o alumnado matriculado no centro mediante a cumplimentación da solicitude e a entrega na Secretaría do centro en horario de 9:30 a 12:00.

IMPRESO: descargar aquí ou solicitalo na conserxería do centro sen cita previa dende o día 1 de setembro.

A actividade de biblioteca comezará o 14 de setembro.

 

ABERTO O PRAZO PARA REALIZAR O CAMBIO DA ÁREA OPTATIVA DE ENSINANZAS RELIXIOSAS PARA O CURSO 2022/2023

 

Do 1 ao 12 de setembro (ambos inclusive) queda aberto o prazo para realizar o cambio de materias optativas para o alumnado XA matriculado no centro.

Para efectuar o cambio deben entregar na Secretaría do centro o impreso debidamente cumprimentado de 9:30 a 12:00.

IMPRESO: descargar aquí ou solicitalo na conserxería do centro sen cita previa dende o día 1 de setembro.

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE LINGUA ÁRABE. CURSO 2022-2023

 

Do 1 ao 12 de setembro (ambos inclusive) queda aberto o prazo para realizar a inscrición na actividade de Lingua Árabe.

Para efectuar a inscripción deben entregar na Secretaría do centro o impreso debidamente cumprimentado de 9:30 a 12:00.

IMPRESO: descargar aquí ou solicitalo na conserxería do centro sen cita previa dende o día 1 de setembro.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 2022-2023

LUNS 5 DE SETEMBRO DE 2022

 

Os asistentes dirixiranse ás portas de entrada dos pavillóns correspondentes á hora sinalada para que as titoras/es os acompañen ás aulas. 

 

 

9.30 h: 4º e 5º de Educación Infantil (acceso ao recinto pola porta E6) / 5º e 6º Educación Primaria (acceso ao recinto pola porta E1)

 

11.00 h:6º de Educación Infantil (acceso ao recinto pola porta E6)/ 3º e 4º de Educación Primaria (acceso ao recinto pola porta E1)

 

12.30 h: 1º e 2º de Educación Primaria (acceso ao recinto pola porta E1)

 

Lembrase a necesidade de non acudir cos nenos ás reunión. 

 

Grazas

 

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2022-2023

Informamos as familias que o comezo do curso escolar 2022-2023 será o día 8 de setembro, ás 9.30 horas para todo o alumnado. 

 

Distribuir contido