Recollida de vales e cheques dende o día 2 ata o 6 de setembro.
Recolleranse na Secretaría do centro en horario de 10 a 12.30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale ou/e o cheque previa presentación do DNI/NIE. De non poder acudir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:
-Venres, día 2: 1º nivel e 2º nivel
-Luns día 5: 3º nivel e 4º nivel
-Martes día 6: 5º e 6º nivel.
Poderanse recoller os vales dos irmáns no mesmo día.
Os libros de 3º e 4º serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.