Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Lectura e Familias

Lendas na Lareira

Trotamundos trouxonos unhas lendas da zona de Goian que espertou a curiosidade dos espectadores... " A señora da Torre",  "Santacompaña"....

 

 

  

Mais tarde, divertímonos con xogos tradicionais... 

 Moitas grazas por participar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano tivemos a gran sorte de poder colaborar coa banda de música de Goián, o coro escolar do centro acompañou as pezas da banda con tres cancións que ensaiaron coas mestras de música nas horas de ler. A actuación tivo lugar na praza do Seixo o pasado 17 de maio para celebrar o día das Letras Galegas. Grande o traballo que fixeron conxuntamente. Aquí vos queda un anaquiño das pezas que soaron. 

Contacontos da Lareira

Novas na bibioteca!!!

Trotamundos, a mascota da biblioteca, convídavos a vir á 2ª sesión de Contacontos da Lareira, que versará sobre as "Lendas de Goián", destinada a familias xunto co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Será o 29 de maio, ás 17:15h. Animádevos a vir, ao rematar haberá xogos tradicionais e de auga!!!

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

PROCEDEMENTO

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

SEDE ELECTRÓNICA

Para a presentación presencial deberá entregar a documentación correspondente na secretaría do centro (luns a venres de 9:00 a 9:50)

 

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I e II (Pode descargarse abaixo).
  • Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.*
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 
  • Certificado de discapacidade 
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero de ser o caso.

*  Excepcionalmente, cando NON sexa posible facelo polos medios anteriores, poderase  acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

  • Certificado ou volante de convivencia. (Non se considera válido o certificado de empadronamento).
  • Informe dos Servicios Sociais ou do órgano equivalente do Concello onde reside a familia.

 

DOCUMENTACIÓN DESCARGA
Orde do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto.
Nota informativa para as familias
Impreso de solicitude (anexos I e II)

 

PRAZOS

 Presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.

Publicación da listaxe provisional:  27 de xuño.

Reclamacións:  28 de xuño e 1 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva:  de xullo.

  Por protección de datos as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio.

Toda esta información pode atoparse en:

FONDOLIBROS 

 

OS MAIOS

Xa chegou unha nova estación e para darlle a benvida á Primavera elaboramos uns maios e cantamos unha copla relacionada coa temática do proxecto anual. 

 

Grazas pola acollida

Este xoves 27 de abril inaugurouse a lareira da biblioteca enmarcada no proxecto "Lecturas e Familias" cun conto adicado a educación infanti e primeiro ciclo de primaria.  Queremos darvos as grazas por a boísima acollida que tivo. Esperamos contar con vos nas vindeiras sesións.

 

 

 

 

 Unha aperta do lobo.

Troco Solidario

Grazas a todos e todas ás persoas que puidestedes pasar polo posto do colexio para trocar alimentos por libros. Todo o recaudado será recollido pola asociación SOS Tomiño.

Aquí queda un pequeno vídeo dos días que estivemos na praza 

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.
by Dr. Radut