FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
PROCEDEMENTO
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para a presentación presencial deberá entregar a documentación correspondente na secretaría do centro (luns a venres de 9:00 a 9:50)
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Anexo I e II (Pode descargarse abaixo).
- Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.*
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado de discapacidade
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero de ser o caso.
* Excepcionalmente, cando NON sexa posible facelo polos medios anteriores, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado ou volante de convivencia. (Non se considera válido o certificado de empadronamento).
- Informe dos Servicios Sociais ou do órgano equivalente do Concello onde reside a familia.
DOCUMENTACIÓN | DESCARGA |
Orde do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto. | ![]() |
Nota informativa para as familias |
![]() |
Impreso de solicitude (anexos I e II) | ![]() |
PRAZOS
Presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.
Publicación da listaxe provisional: 27 de xuño.
Reclamacións: 28 de xuño e 1 de xullo.
Publicación da listaxe definitiva: 2 de xullo.
Por protección de datos as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio.
Toda esta información pode atoparse en:
- 410 lecturas
Versión para impresora