Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Informática

Os alumnxs de 1º querían escoitar música mentres traballaban , pois dito e feito.

CREANDO MODA

No primeiro Ciclo fixeron os seus deseños dentro do Proxecto Competencial, aquí tedes unha mostra. Menudos Artistas.

COÑECER O BARRIO

Os alumnos de 1º aproveitando o tema " O noso Barrio", saímos a coñecer o noso. Visitaron supermercados, Farmacia, o mercado, panadaría etc. E para rematar unha visitiña ao parque.

COSER E CANTAR

O pasado Xoves, dentro do programa Lectura e Familias no que participa o cole, reunímonos cunha actividade moi especial. Noca e Concha, dúas costureiras goianesas, contáronnos como chegaron á costura, Lemos añaquiños de "Diario de una bordadora" de Srta Lylo, falamos, cosemos e gozamos dunha tarde marabillosa na Biblio do cole.

AS PLANTAS

 
Dentro das actividades Interniveis que estamos realizando, ésta vez entre 1º e 5º, esperamos vos agrade. 
 
 
 

Recibimos ao colexio de Solanas

Neste trimestre tivemos a visita do alumnado de educación de Infantil do colexio Plurilingüe As Solanas. Tivemos un día estupendo, aquí tedes un breve resumo do día.

 

Xornada XOGADE

E por fin unha xornada intercentros (trala que xa fixeron o trimestre pasado os grupos de 4º e 6º. Esta semana tocounos visitar ó CEIP Nº2 de Tui, ó cal temos que agradecer a benvida e o ben que o pasamos desfrutando da actividade física.

Ademais, foi a estrea de 3º nunha xornada intercentrois, e que ganas tiñamos xa! Desfrutamos moito, tanto dos momentos xogando como animando ós maiores.

Pola outra banda o grupo de 5º xa participara o ano pasado, e este xa había ganas de repetir. Iso si, desta complicouse un pouco máis a cousa, xa que no volei o balón xa é dun tamaño máis parecido ó oficial.

E agora xa estamos practicando nos recreos e pensando na próxima! 

PROGRAMA DE INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS OBSERVA_ACCIÓN

Programa Observa-acción | CEIP XUNQUEIRA 2

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

Os obxectivos deste programa son:

1.Favorecer o intercambio de boas prácticas e a innovación educativa entre os docentes e os centros educativos participantes.

2.Facilitar ao profesorado e aos membros dos equipos directivos a posibilidade de observar de forma directa outras metodoloxías, enfoques didácticos ou modelos de organización.

3.Potenciar o traballo conxunto entre os centros educativos

O CEIP Pintor Antonio Fernández participa neste proxecto co centro emparellado CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados.

O pasado 15 de marzo o profesorado do noso centro foi de visita ao CEIP Enrique Barreiro Piñeiro para coñecer as súas intalacións, observar o desenvolvemento das sesións de ensino-aprendizaxe, así como realizar unha reflexión conxunta sobre as impresións xeradas ao longo deste proceso de observación.

  Profesorado de ambos colexios.    

  Agasallo de benvida.

Na primeira semana de abril, o CEIP Pintor Antonio Fernández recibiu as persoas observadoras de Cambados, visionaron a dinámica do centro, coñeceron as súas instalacións e a contorna, participaron en dinámicas cooperativas entre o profesorado, vivenciaron a intervención da orientadora, e a experimentaron obradoiros internivelares e a libre circulación na Educación Infantil.

Seguindo o mesmo esquema que na outra visita, pola tarde, reflexionouse sobre o observado e propuséronse melloras aos aspectos mencionados.  

8M: DÍA DA MULLER

Este ano polo Día da Muller homenaxeamos a unha muller importante para o noso cole, unha traballadora e conversadora incansable: MAGDALENA MATÍAS, a primeira limpadora do centro.

 

ROSALÍA

te ano para conmemorar o día de Rosalía fixemos un concurso de fotografía : “Que é para ti Rosalía?”.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración , tamén ao noso xurado.

 


Rosalía 2024 - Kizoa Movie Maker
Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.
by Dr. Radut