Xornada XOGADE
E por fin unha xornada intercentros (trala que xa fixeron o trimestre pasado os grupos de 4º e 6º. Esta semana tocounos visitar ó CEIP Nº2 de Tui, ó cal temos que agradecer a benvida e o ben que o pasamos desfrutando da actividade física.
Ademais, foi a estrea de 3º nunha xornada intercentrois, e que ganas tiñamos xa! Desfrutamos moito, tanto dos momentos xogando como animando ós maiores.
Pola outra banda o grupo de 5º xa participara o ano pasado, e este xa había ganas de repetir. Iso si, desta complicouse un pouco máis a cousa, xa que no volei o balón xa é dun tamaño máis parecido ó oficial.
E agora xa estamos practicando nos recreos e pensando na próxima!
- blogue de gonzalovp
- 47 lecturas
- Versión para impresora