Resolución das axudas aos proxectos de fomento do uso do galego
Enviado por colexioirixo o Sáb, 05/06/2021 - 12:34A Secretaría Xeral de Política Lingüística concedeunos unha axuda de 330 euros para desenvolver o noso proxecto de fomento de uso do galego.
Entrega de diplomas
Enviado por colexioirixo o Sáb, 05/06/2021 - 12:08Os participantes no programa de Voluntariado de Lectura-A (todo o alumnado de 5º e 6º) recibiron este venres un diploma e un agasallo en recoñecemento polo seu labor ao longo de todo o curso. O colexio xa premiara a súa dedicación ao regalarlles un libro que seleccionaran previamente entre unha listaxe na que figuraban algún dos mellores títulos da literatura infantil e xuvenil.
Quendas de vixilancia dos recreos
Enviado por colexioirixo o Sáb, 05/06/2021 - 08:07As quendas de vixilancia dos recreos establecen que cinco mestres serán os encargados diarios de realizalas. Catro mestras fan a vixilancia nos diferentes espazos do patio, e un mestre na biblioteca do colexio. O calendario do mes de xuño pódese consultar no arquivo adxunto.
Horario de verán
Enviado por colexioirixo o Lun, 31/05/2021 - 07:18Mañá, 1 de xuño, comeza o horario de verán. As clases empezarán ás 09:00 e sairemos do comedor ás 14:30 (todos os días). Loxicamente, este cambio de horario afectará tamén ao servizo de transporte.
Saúdos.
Artigo publicado en Badal Novas sobre a visita de Xulio Dobarro
Enviado por colexioirixo o Mér, 26/05/2021 - 11:15Xulio Dobarro publicou un artigo sobre a visita que realizou ao noso colexio hai unhas semanas para presentar o seu libro O Irixo. Patrimonio cultural. Moitas grazas a Xulio por escribilo e ser tan xeneroso con nós e a Badal Novas pola súa publicación.
Distribución de froitas frescas
Enviado por colexioirixo o Lun, 17/05/2021 - 12:34O colexio solicitou e conseguiu unha axuda da Unión Europea para a distribución de froitas frescas en dous períodos de dez días cada un. O segundo período comezará mañá, polo que o alumnado non deberá levar merenda ao colexio ata que finalice esta segunda repartición de froita no centro.
Días non lectivos
Enviado por colexioirixo o Mér, 12/05/2021 - 11:08Mañá, día 13 de maio, é festivo no concello de O Irixo, polo que non haberá clases no colexio. O venres tampouco será lectivo porque foi o día que autorizou a Xefatura Territorial da Consellería de Educación para substituír o segundo día festivo local (o martes de Carnaval), porque non coincidiu cun día de clase. Retomaremos as clases o próximo martes, 18 de maio, por ser o luns o Día das Letras Galegas.
Moitas grazas.
Saúdos!!!
Distribucións de máscaras
Enviado por colexioirixo o Dom, 09/05/2021 - 16:11Entregámoslle vinte máscaras cirúrxicas a todo o alumnado este venres. Foi unha doazón do centro en colaboración coa farmacia de O Irixo e coa nosa ANPA, a quen agradecemos, coma sempre, a súa cooperación.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »