Festival de Nadal

25N

Apertura prazo presentación candidaturas ao consello escolar

O prazo de admisión de candidaturas para formar parte do consello escolar do centro irá do 15 ao 21 de novembro. As eleccións realizaranse entre os días 22 e 26 de novembro, ambos os dous incluídos.

Magosto

Campaña solidaria con La Palma

A campaña solidaria con La Palma comezará o día 8 e finalizará o 12 de novembro no noso centro. O colexio de Cea levouna a cabo a semana anterior.

Días non lectivos

A orde do 19 de maio de 2021, pola que se aprobou o calendario escolar para o curso 2021/22, establece que o Día do Ensino, que se celebra o luns, 11 de outubro, sexa non lectivo. Así mesmo, o martes 12 tampouco haberá clases por ser un día festivo nacional. O mércores 13 retomaremos a actividade lectiva habitual.

Horario de inverno

Mañá, 1 de outubro, comeza o horario de inverno do colexio. As clases empezarán ás 09:30 todos os días, e rematarán ás 16:00 de luns a xoves. Os venres rematarán ás 12:20 (e o alumnado sairá do comedor ás 13:10). Loxicamente, este cambio de horario afectará tamén ao servizo de transporte.
Aproveitamos a ocasión para pregar que as familias que vaian facer uso do servizo Concilia Extraescolares informen ao profesorado ao respecto.

Reunións de comezo de curso

A evolución da situación sanitaria provocada pola pandemia impide, ao igual que o ano pasado, que celebremos a habitual reunión conxunta de comezo de curso á que asistía toda a comunidade educativa do colexio.

Artigo en Badal Novas sobre o noso festival de cine

Xulio Dobarro publicou un artigo, moi xeneroso con nós, sobre o noso festival de cine en Badal Novas. Para poder acceder a el só hai que facer clic na imaxe.

Distribuir contido