Skip to Content

Edixgal

Proxecto Educación Dixital-Edixgal

Durante o presente curso escolar 2022-2023 poremos en marcha no centro o proxecto EDIXGAL en 5º de Educación Primaria.

O alumnado e o profesorado dos centros implicados desenvolveremos a nosa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que nos vai permitir acceder a contidos dixitais.

O alumnado disporá dos seus propios netbooks e poderá acceder mediante conexión a internet (online) aos contidos dixitais do seu curso ou sen conexión (offline).

Para máis información sobre este proxecto podedes premer na imaxe.

 

Páxina con información sobre o Proxecto Edixgal

 

 

 

No noso centro, durante este curso escolar poñemos en marcha con moita ilusión o Proxecto EDIXGAL, que este ano está destinado ao alumnado de 5º de primaria.

Con este proxecto pretendemos desenvolver a competencia dixital do noso alumnado dunha forma inmersiva, empregando as TIC como parte diaria do proceso de ensinanza-aprendizaxe, promovendo o traballo colaborativo, a solución de problemas e sobre todo dar acceso a novos recursos e ferramentas que sen dúbida repercutirán moi positivamente na formación integral do noso alumnado.

No centro educativo, o alumnado e o profesorado traballará nas aulas dixitais. Son aulas que dispoñen dun encerado dixital interactivo, un proxector, un equipo para o profesor, e un equipo para cada alumno. Ademais, a aula conta con conexión WIFI para que o alumnado e profesorado teña acceso aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.

Para máis información, premede na imaxe e accederedes a unha páxina con recursos, videotitoriais e moitas máis novidades sobre este proxecto.

Arrancamos!

 

 

Información para as familias sobre a xestión do equipamento Edixgal

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE A XESTIÓN DO EQUIPAMENTO E-DIXGAL

O alumnado que continúe estudos no curso 2022-23 en 5º de educación primaria no mesmo centro poderá dispor do equipo durante o período estival, facéndose cargo a familia de todos os elementos e tendo que incorporarse o equipamento o vindeiro curso co material en perfectas condicións.

 

Neste caso non será preciso formalizar ningún documento de devolución. De querer devolver o equipo ata o comezo do vindeiro curso escolar poderá realizado sen problema ningún.

 

O alumnado que NON continúa estudos o vindeiro curso escolar no centro deberá devolver obrigatoriamente todos os portátiles para a súa incorporación ao vindeiro curso escolar.

 

En calquera caso, o centro efectuará unha comprobación do estado actual do equipo para garantir que segue operativo e sen danos e, en caso de ser necesario, abrir a oportuna incidencia ou reclamación.

 

A data límite de devolución en ambos casos será o 25 de xuño (incluído).

 

 

Soporte PREMIUM para incidencias con Edixgal

Teléfono 881 86 99 00

Correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

WhatsApp no número 604 06 78 56

Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

 

O alumnado, familias e profesorado que participan no proxecto de educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

 Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:

- Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas...

- Comunicación e resolución de averias no equipo informático ou para tramitar e realizar xestións sobre o seguro.

- Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de aprendizaxe (EVA) e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno.

 

Este servizo está dispoñible 24 horas, os 7 días da semana.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut