Soporte PREMIUM para incidencias con Edixgal
|
Teléfono 881 86 99 00 Correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal WhatsApp no número 604 06 78 56 Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal |
---|
O alumnado, familias e profesorado que participan no proxecto de educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.
Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:
- Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas...
- Comunicación e resolución de averias no equipo informático ou para tramitar e realizar xestións sobre o seguro.
- Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de aprendizaxe (EVA) e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno.
Este servizo está dispoñible 24 horas, os 7 días da semana.