Bo día familias! Hoxe saiu publicada a orde que regula a distribución de máscaras dende o centro ao alumnado de primaria. Aquí tedes a orde que a regula, por favor lede ben:
CONVOCATORIA REPARTO DE MÁSCARAS- DOG
Destinatarios que NON teñen que presentar solicitude: Alumnado beneficiario da axuda para material escolar no presente curso (É dicir, a os que lles deron cheque para material)
Destinatarios que SI deben presentar solicitude: Alumnado non beneficiario da axuda para material e que cumpra os requisitos recollidos na convocatoria. (É dicir, a os que lles denegaron a axuda para material, pero que cumpren os requisitos da convocatoria)
Prazo de presentación: Dende o 16 ao 27 de novembro.