try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.
Vente con nós! A que esperas?! Unha escola persoal e familiar. Non te arrepentirás! Concerta unha cita para visitarnos.

Benvidos!

"Novembro: mes do Samaín e Magosto"



Foto de Orgullo Galego

Chegou o Samaín! Cabazas decoradas, portas, disfraces, cantigas...A continuación tedes a explicación desta festa tan popular:

Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar aos familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ao 1 de novembro e tamén ao 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.
Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase aos castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.
Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles así que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
Afírmase que polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século XIX e comezos do XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do Samaín na cultura estadounidense, semellante a un entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular. O Magosto é outra tradición galega onde as castañas simbolizan a alma dos difuntos. Din que con cada castaña comida, unha alma librábase do purgatorio e se unía á festa, festa de comunidade, lume, castañas,viño e colleitas, festa de vida e morte!


Olla o vídeo do noso cole!!!Síguenos nas redes!!



Novas:
No 2018 recibimos 2 grandes premios:
1º Premio de PFPP: Proxectos de Formación Permanente do Profesorado e 3º premio nos Plans Proxecta.


Sen dúbida, estes premios son a recompensa ao esforzo de toda a comundidade escolar para continuar polo camiño do cambio e da aprendizaxe, tan importante para nós. Este ano continuaremos co noso proxecto de aprendizaxe de novas metodoloxías. Neste gran proxecto atopamos a robótica, o plurilingüismo, a avaliación, a radio escolar, os espazos para a mellora da convivencia, a disciplina positiva, as AACC e SEMGal para a mellora do enriquecemento curricular. Este curso ademais, os mestres, continuamos dentro dun Erasmus+ Come on!Aquí tedes máis información premendo encima do texto, e encima dos premios






  • Proceso de reserva, admisión e matrícula de novos alumn@s para o curso 2023-24


  • Somos centro Edixgal! Toda a información pinchando aquí


  • Fotos na galería

    Último álbum publicado
    Semana da tradición Oral-24-25
    ...
  • Galería


  • Últimas novas publicadas
    Concurso de fotografía: Coidados Compartidos (Plan Igualdade-ANPA Río de Va)
    Recollida solidaria para Valencia
    Colaboración Laura Rey: Xogo sobre Fene
    Circular familias: Consello Escolar
    Folga de transporte
    Renovación parcial do Consello Escolar 2024
    Calendario curso 24-25
    Programacións e criterios mínimos de avaliación EP
    Micanoticias 23-24
    Libros de texto curso 24-25
    Fondo libros: Axudas para libros de texto e material escolar 24/25
    27-5-24 Obradoiro Lectura e Familias


    Calendario de actividades e saídas
    25-11-24 Plan Igualdade ANPA Río de Va: Coidados COMpartidos: Última sesión
    20-11-24 Teatro Narón (EI-1º e 2º de EP)
    20-11-24 Día do Pixama e Día do Dereitos dos Nenos e das Nenas
    Venres de novembro e decembro: Obradoiro de ficción dixital
    12-11-24: Plan Igualdade ANPA Río de Va: 2º sesión familias Coidados Com-partidos
    7-11-24 Outdoor classroom day
    30-10-24 Samaín/Magosto- 31-10-24 Día do Ensino- 1-11-24 Festivo
    29-10-24 ANPA Río de Va: Coidados Com-partidos
    25-10-24 Limpeza simultánea da praia con AETNA- EP-ADIADO PARA O 28-10
    7, 8-14,15-21,22 Obradoiro Proxecto Igualdade ANPA Río de Va
    27-9-24 Limpeza do Río va (EP)- ADIADO PARA O 21-10
    6-9-24 Reunión inicio de curso (2024-25)
    21-6-24 Fin de curso, notas e inicio de cueso 24/25
    20-6-24 Concerto Paco Nogueiras e convivencia Modo Galego!

    Distribuir contido