try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

21-6-24 Fin de curso, notas e inicio de cueso 24/25

O vindeiro 21 de xuño rematamos o curso e o faremos da man de un montón de xogos que nos trae a ANPA Río de Va. Teremos festa da escuma e inchables, así que a rapazada terá que vir preparada con calcetíns para os inchables e roupa axeitada para a escuma e para cambiarse despois.

 

Por outro lado a  ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia di no seu artigo 12, no punto c) A sesión de avaliación final da educación infantil, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria, do segundo curso dos ciclos formativos de formación profesional básica e dos ciclos formativos da formación profesional, así como a sesión de avaliación final extraordinaria do primeiro curso de bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, deberán realizarse a partir do día 21 de xuño de 2024.

Polo que as notas as recibiredes no abalar o día 25 de xuño ás 14:00 horas.

 

O inicio do vindeiro curso 24-25 será o 11 de setembro en horario normal(menos o alumnado de 3 anos que terá o periodo de adaptación ata o 17). Pero de seguro teremos unha reunión antes para falar deste inicio. Descansade moito nestas merecidas vacacións!!!!!