Queridas familias:
Xa que este ano as Letras Galegas cadran un venres festivo imos celebralas o vindeiro 24 de maio. Para iso precisamos que a rapazada traia flores para adornar. Tamén, se é posible virán vestidas cunha camisa/camiseta branca e vaqueiros. As nenas con pano e os nenos con faixa. Tamén vos convidamos a participar desta actividade a partir das 12 da mañá. Podedes traer petiscos para compartir entre todas/as.
Agardámosvos!!