O pasado mes de novembro os nenos e nenas de 1º celebramos unha "merenda de outono".Cada neno encargouse de traer un froito típico de outono:peras,mazás,mandarinas,pistachos,cacahuetes...A mestra trouxo anacardos e noces,e convidounos a zume de laranxa.
Entre todos decoramos e puxemos a mesa.Comimos un pouco de todo e probamos todos os froitos.Aínda que manchamos un pouquiño como recollimos entre todos rematamos deseguida.
Esperamos poder repetir outra pero na primavera!
Aquí tendes unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.
Mirade vai caras!!