try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

30-10-24 Samaín/Magosto- 31-10-24 Día do Ensino- 1-11-24 Festivo

 

Queridas familias:

A vindeira semana, o mércores 30, celebraremos o Samaín e o Magosto.

A ANPA fará un obradoiro de elaboración de colares con zonchos.

Como todos os anos gustaríanos que parcipárades elaborando unha cabaza cos vosos/as fillos/as, que logo expoñeremos na aula do medo. 

Para poder participar teredes que:

1. Traer a cabaza baleira e tallada (ollos, nariz e boca)  o martes 29 de outubro (só ese día): para evitar o uso de coitelos cos máis pequenos podedes empregar unhas culleres especiais para baleirar froitas, ou moldes de galletas que están moi ben para facer as formas da cara. Por favor non traiades as cabazas decoradas xa que as decoraremos nas aulas.

2. Traer obxectos e pinturas para decorar a cabaza no cole (é dicir todas aquelas cousas ou adornos que queirades poñerlle)

 

O obxecto de elaborar as cabazas é pasar un rato agradable en familia e deixar que os nenos/as expresen a súa creatividade como queiran e como poidan, coa axuda dos adultos, pero sen a súa intromisión. Deixade que decidan, veredes como vos sorprenden! Non importa que a cabaza quede mellor ou peor. Insistimos: o obxectivo é pasalo ben e desfrutar en familia, non competir por ver quen trae a cabaza mási bonita.

MOI IMPORTANTE: AS CABAZAS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS NON PODERÁN PARTICIPAR NA AULA DO MEDO.

3. Disfraces- mércores 30: ese día o alumnado poderá vir disfrazado con cousas que atope por casa, con disfraces que xa teñades, pero relacionados co Samaín. Non hai que mercar disfraz. Recordade usar a vosa imaxinación! Por favor que non traian complementos (coitelos....) que poidan mancar ou perder. E pensade na comodidade dos nenos/as sobre todo á hora de ir ao baño.

RECORDADE QUE:

O  XOVES 31 É O DÍA DO ENSINO (NON HAI CLASE)

E O  1 VENRES  É FESTIVO 

Polo que voltamos ás aulas o luns 4 de novembro.

Un saúdo do claustro de mestras e mestres.