Celebracións e saídas
Día da Paz
O venres, 30 de xaneiro, celebraremos con diferentes actividades o día escolar da paz e non violencia.
Ao longo desta semana todos os alumnos da escola confeccionaron unha representación das súas mans, para con todas elas e, baixo a coordinación do mestre Pepe, facer esta preciosa pomba a prol da paz.
Como peche da celebración cantaremos todos xuntos a canción "abre a muralla". Podedes escoitala premendo na pomba ou na ligazón de máis abaixo.
O día escolar da paz e da non violencia, promovido polo educador español Lorenç Vidal, e aceptado pola ONU, é unha chamada aos axentes educadores (profesorado, pais e nais, políticos, institucións...) para que tomen conciencia de que un dos obxectivos fundamentais da educación consiste en espertar nos educandos o espírito do amor universal, da non violencia e da paz, co propósito de cooperar ao desenvolvemento da súa personalidade integral e de procurar un mundo máis fraterno, máis pacífico e menos violento.
Este día escolar celébrase no aniversario da morte de Gandhi (30 de xaneiro de 1948), un dos defensores da non violencia na solución dos conflitos. A súa mensaxe é moi clara: A paz é mellor que a guerra. Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño.
Unidades didácticas dispoñibles para traballar en primaria:
QUE É PARA TI A PAZ from Xosé María on Vimeo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »