ACTIVIDADES ANPA
Estimadas familias. Dende a ANPA CEIP O Salvador seguimos a traballar "por e para @s nen@s".
A función principal desta asociación é a de servir de canle entre o centro educativo e os pais/nais, pero tamén a de promover e realizar actividades de carácter social, cultural e deportivo.
A estas alturas do curso, dende a ANPA xa teriamos informado acerca das cuotas de soci@s e da Asamblea Xeral que se realiza anualmente. Dadas as circunstancias especiais que rodean este curso, decidiuse facer estensibles as cuotas do curso pasado, é dicir, os que pagaron a cuota 2019/20 constarán como soci@s no curso 2020/21.
Por suposto, o plazo para novos soci@s sigue aberto. A cuota anual é de 30 € por familia (independentemente do número de nen@s matriculad@s no centro) que debe ser aboada no número de conta do BBVA ES36 0182 0672 0002 0151 7676 (indicando o nome d@/s nen@/s á hora de efectuar o ingreso).
Dadas as restrincións sanitarias e os continuos cambios no aforo das reunións, decidimos pospoñer a Asamblea Xeral de soci@s á espera de que a situación sanitaria mellore. Dende a directiva seguimos traballando e adaptándonos ás novas circunstancias, polo qie imos ofrecer varias actividades para levar a cabo de xeito telemàtico.
A través de Fapacel imos ofertar dúas actividades, tamén de xeito telemático, e dirixida aos pais/nais.
*Educación emocional, que será o 25 de novembro ás 18:00.
*Competencias dixitais, que se realizará en tres sesións de 45 minutos cada unha, os días 16, 23 e 30 de novembro ás 21:00.
Para anotarvos en calquera das dúas actividades podedes chamar ou enviar whatsapp ó 659032194.