Skip to Content

Secretaría

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021-22

Estimadas familias:

No archivo adxunto, tendes toda a información referente ás ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR, para a renovación dos seus membros, neste curso 2021-22, tal e como establece a Resolución do 20 de setembro de 2021.

Calquera dúbida que teñades, podedes contactar telefónicamente, co centro.

Un saúdo

A directora

PROXECTO RECICLAXE

 

Bo día:

O noso centro participa nun programa de recollida de instrumentos de escritura gastados de TERRACYCLE (empresa adicada a residuos difíciles de reciclar).

Os nenos/as poden depositar bolis, rotuladores, marcadores fluorescentes, correctores e portaminas no PUNTO HABILITADO na entrada do cole.

NON se recollen lápis, xices, pegamentos ou reglas.

Por cada caixa de 20kgs darannos puntos que podemos canxear por diñeiro e colaborar con proxectos sociais.

Animádevos a reciclalos!

Un saúdo

 

O equipo directivo

 

 

 

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias:

Lembrarvos que o vindeiro luns 11 de outubro, NON haberá clase por ser día NON lectivo marcado pola Consellería de Educación.

Un saúdo

O equipo directivo

ACTUALIZACIÓN DE DOCUMENTOS

Estimadas familias:

Nesta páxina, tendes actualizados os documentos no apartado Plan de adaptación Covid para este curso 21-22.

Un saúdo

O equipo directivo

AVISO ÁS FAMILIAS DE COMEDOR

Estimadas familias:

En adxunto, tendes o menú de comedor do mes de outubro.

Un saúdo

O equipo directivo

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Comunicarvos que hoxe tivemos coñecemento de pediculosis(piollos) nalgún alumno. Revisade por favor o cabelo dos vos@s fill@s.

Lembrarvos que o neno/a non poderá asistir a clase, ata non realizar o tratamento axeitado para evitar contaxios.

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo

O equipo directivo

AVISO ÁS FAMILIAS

A ANPA informa que o vindeiro 6 de OUTUBRO DE 2021 está prevista unha ASEMBLEA TELEMÁTICA á que PODERÁN ASISTIR TODAS AS FAMILIAS DO COLEXIO, sexan socias ou non, na que poderán facer calquer pregunta sobre a asociación.
Se antes queredes trasladarlle algún comentario, dúbida, proposta, etc. rogan lles mandedes unha mensaxe ao correo electrónico anpaceiporamo@gmail.com.
As familias que desexen facerse socias da ANPA poden facelo cubrindo o seguinte formulario https://drive.google.com/file/d/1-sV3SVpC9ChGoyzTkORKrqvQd9hq6yDC/view?usp=drivesdk e enviándoo por correo electrónico xunto co xustificante de pago da cota de 20 euros. Un saúdo. ANPA O RAMO

PARVAS SAÚDABLES

Estimadas familias:

Comentarvos que este curso continuamos co: Proxecto de vida activa e deportiva, que se leva a cabo con todo o alumnado, dende infantil a primaria. Consideramos importante, que o alumnado entre 3 e 12 anos, adquirira hábitos alimenticios e deportivos axeitados, polo que o claustro proponvos unhas parvas para cada día da semana.

A maiores, para 5º e 6º de primaria, solicitamos o Plan Director, no que a Garda civil, dará unhas charlas ao alumnado de terceiro ciclo de primaria, sobre a temática do emprego e seguridade das redes sociais e o acoso e ciberacoso.

En archivo adxunto, deixámosvos exemplo do que poden traer os vos@s fill@s para merendar o cole, de luns a venres.

Unha aperta

O equipo directivo

AVISO ÁS FAMILIAS

Bo día, por indicación do concelleiro delegado de Cultura, Justo Martínez Ardá, enviamos o enlace para acceder á información sobre as ACTIVIDADES CULTURAIS MUNICIPAIS 

https://www.fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/6410

AXENDAS ALUMNADO PRIMARIA

Estimadas familias:

Chegáronnos as axendas para o alumnado de primaria para este curso 2021-22. Cada alumn@ traerá 2e, que lle entregará ao seu titor/a.

Un saúdo 

O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut