Este curso conseguiuse poñer en funcionamento o comedor escolar grazas ás xestións da ANPA e do Equipo Directivo do colexio. Agardamos que sexa de utilidade e signifique un paso máis no esforzo por mellorar a calidade educativa e a oferta que poñemos a disposición das familias.
Os usuarios que non se queden ás actividades da tarde serán recollidos pola familia ás 15:30 h.
Os usuarios ocasionais deberán comunicar a asistencia o mesmo día ás 9:30 h. Farán o mesmo o usuarios habituais que non poidan asistir por algún motivo.
No documento adxunto podese consultar o menú para o mes de outubro.