Skip to Content

BENVIDOS Ó CURSO 2009/2010

 

Todos os mestr@s do CEIP O Ramo esperamos que cheguedes  cóas pilas ben cargadas para comezar este curso con ilusión e gañas de disfrutar e aprender algo novo cada día; ÁNIMO!!!!!

Se queres consultar o calendario deste curso preme aquí.

Comentarios

ORGANIZACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

Queridas familias!! As mestras de Educación Infantil e o Equipo Directivo sempre buscamos a mellor opción para os nosos alumnos e alumnas, dentro das directrices marcadas pola Consellería de Educación. Decidimos xuntar deste xeito os nen@s porque os grupos quedan máis equilibrados.

É dicir, agora temos un grupo con 17 nen@s e outro con 10. Da outra maneira os grupos quedan moi desequilibrados sendo un de 8 nen@s e outro de 19 nen@s, tendo en conta que os nen@s de 3 anos necesitan unha atención máis personalizada por non ter as rutinas e hábitos interiorizados.

Ademáis as aulas mixtas, de idades mezcladas, non perxudican o ritmo de traballo dos alumnos/as máis maiores, tanto para uns coma para outros é moi enriquecedor. Serve de reforzo para os de 5 anos e de ampliación para os de 4 anos. De todos xeitos cada idade traballa os contidos propios de cada idade que veñen marcados polo currículum.

Esperamos que entendades que nós sempre queremos o mellor para os nosos alumnos/as e nunca fariamos os grupos de xeito que perxudicaran a ninguén.Para calquera dúbida soliciten máis información na Dirección do centro ou as titoras.

Un Saúdo.

A Dirección e as Mestras de Ed. Infantil

Queridas mestras!grazas pola

Queridas mestras!grazas pola antencion a nosos fillos.Un saudo

distribución do alumnado

Boas: Póñome en contacto con vós, porque hoxe entereime que os nenos-as de 5 anos, van ir cos nenos e nenas de 4 anos. Eu, como nai dun neno de 5 anos, non vexo ben esta iniciativa. Non sei os motivos polos cales se chegou a tomar esta decisión, por iso, espero nolo aclare a mestra dos nenos-as. Eu teño entendido ,que é porque se xuntaban 3 e 4 anos, saían 18 nenos-as, mentres que se xuntan do modo que quedou, xuntan 17. Por iso, o mellor estou enganada, pèro pola diferencia de 1 rapaz, deberíán deixar os nenos-as de 5 anos sós, para prestarlles mellor atención no seu último curso de educación infantil. De todos modos,acatarei e conformareime coa decisión que poñades.Són quería poñer no voso coñecemento, as miñas dúbidas. Grazas, e espero que este ano, sexa tan bo coma o pasado. Saudos!

Hola somos os pais dun

Hola somos os pais dun alumno que cursa 3º de infantil.Queriamos expresar o noso desacordo enque este curso teña por terceiro ano que compartir aula con outro curso.Cremos que é inxusto que non poidan polo menos un ano ir o seu ritmo sen ter que compartir as leccions con outro nenos que non estan no seu mesmo nivel de aprendizaxe ven por ser superior ou inferior.Por outra parte pensamos que si a un mestre/a fanselle moito 18 alumnos ¿porque a outro mestre/a non se lle an facer moito 17?.Só teñen un neno de diferencia.Bueno isa é a nosa opinión que temos alguns pais e só queriamos compartila co profesorado é a direccion do ramo.
Un saudo



page | by Dr. Radut