Skip to Content

Secretaría

LISTA DE MATERIAL PARA 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

Adxunto enviamos o material escolar para 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Un saúdo

 

AVISO URXENTE ALUMNADO DE 1º A 6º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

A partir de mañá, día 18 de setembro, haberá cambios na entrada do alumnado de primaria. Accederán ao centro, pola mesma porta( a da Galiña azul) pero irán entrando por orde de chegada.

É dicir, a porta abrirase ás 09:15 hs e pecharase ás 09:30 hs e durante eses 15 minutos, accederán segundo vaiádelos deixando. Esta decisión adoptouse, debido ás aglomeracións de coches en dita entrada.

MAÑÁ, 18 DE SETEMBRO, O ALUMNADO XA ENTRARÁ POR ORDE DE CHEGADA.

Grazas

AUTORIZACIÓN RECOLLIDA DE ALUMNADO

Bo día:

Adxunto tedes o documento para autorización de recollida do alumnado por parte de outras persoas. Cubrídeo e enviádeo na mochila do voso fillo/a ou por correo electrónico (ceip.oramo@edu.xunta.gal)

Grazas

RECORDATORIO ÚLTIMO DÍA DE PRESENTACIÓN DE AUTODECLARACIÓN COMEDOR

Bo día:

Lembrámosvos que hoxe é o último día para presentar o modelo de autodeclaración das persoas ususarias de comedor (todos/as os ususarios de comedor, independentemente de que comecen ou non en setembro)

Podedes descargar o documento na anterior publicación de modelo de autodeclaración.

 

Grazas

Un saúdo

LISTADO DE MATERIAL PARA 1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

Adxunto tedes o documento do material para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Nos próximos días, publicaremos tamén o de 4º, 5º e 6º.

AVISO IMPORTANTE PARA FAMILIAS. APLICACIÓN ABALAR

Estimadas familias:

En archivo adxunto, tedes as instrucións para  darvos de alta na aplicación abalar. Sodes vós, os que teredes que crear unha conta, cun usuario e contrasinal. Dende o centro, só enviamos notificacións ou incidencias. Grazas

AVISO FAMILIAS ALUMNADO COMEDOR

Estimadas familias:

Tendo en conta a Instrución 3/2020, do 16 de xuño, sobre funcionamiento dos comedores escolares no curso 2020-21, establécese o seguinte:

-Os usuarios do servizo de comedor escolar, que durante o prazo dun mes, de xeito continuado, non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán baixa automaticamente no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.

-Os usuarios do servizo de comedor escolar, que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 09:45hs do día que deba ter efecto, poderán ser suspendidos pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días.

Grazas.Un saúdo

Horarios das aulas de Educación Infantil

Premede nos arquivos para visualizar ou descargar.

AVISO FAMILIAS DO SERVIZO DE COMEDOR

Estimadas familias:
Adxunto enviamos o modelo de autodeclaración  que deberá vir cuberto e asinado con data límite o martes 15 de setembro.
Lembrade que tedes que marcar vós a casela do prezo correspondente, segundo a renda do 2019. (nas últimas páxinas tedes a información)

Debido á situación actual, pode ser que algunhas familias solicitárades o comedor en xuño pero se decidírades que non ides  utilizar o servizo en todo o curso 20-21, pregariamos que por favor nos avisedes canto antes  (por correo electrónico ao centro) para poder organizar o servizo.

MENÚ DO COMEDOR. MES DE SETEMBRO

Bo día:

No archivo adxunto, tedes o menú do comedor do mes de setembro. Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut