Skip to Content

Secretaría

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

O próximo 1 de marzo ábrese o prazo para solicitar praza nos centros sostidos con fondos públicos.

Aqueles que esteades interesados deberedes presentar no centro:

- Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017, (que tedes adxunto tamén ao final xunto coa lexislación). Tamén se pode descargar da páxina web da consellería ou recoller un exemplar na secretaría do centro.

- Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.

- No caso de que o alumno/a proceda doutro centro, será preciso o certificado de estudos no que conste o curso no que estivo matriculado no ano académico 2020-2021.

- Ademáis segundo a Orde do 25 de Xaneiro de 2017, poderá solicitarse a admisión no centro educativo por vía telemática na páxina admisionalumnado.

 

O PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES ABRANGUERÁ DO 1 AO 22 DE MARZO (AMBOS INCLUSIVE)

 

Tal e como recolle a normativa, lembrámosvos que:

- Só se pode presentar unha única solicitude no centro onde se solicite a praza en primeiro lugar. De non ser así, perderá os dereitos de prioridade que lle correspondan.

- A solicitude debe vir asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais do alumno/a. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo, a un deles. En calquera caso, presentarase a resolución xudicial correspondente.

- O alumnado matriculado no centro durante o curso 2020-2021 ten garantida a praza no centro. De querer cambiar de centro deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes.

- O alumnado deste centro que queira presentar solicitude de admisión noutro centro deberá comunicalo na secretaría (remitindo copia da solicitude de admisión presentada no novo centro)

- A zona de escolarización abrangue todo o concello de Fene.

- Para os alumnos/as que pasan a 1º da ESO, lembrarvos que o noso IES adscrito e o IES de Fene.

 

Anexo II e lexislación relacionada co proceso de admisión:

- Anexo II

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro.

- Orde do 12 de marzo de 2013.

- Orde do 25 de xaneiro de 2017.

- Orde do 18 de decembro de 2020.

 

un saúdo

VACANTES ESCOLARES OFERTADAS PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Adxunto podedes ver as vacantes ofertadas para o curso 2021-2022.

VACANTES PARA O CURSO 2021-2022

4º EDUCACIÓN INFANTIL

    25 (+3 Reservadas á administración)

5º EDUCACIÓN INFANTIL

    14

6º EDUCACIÓN INFANTIL

     8

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

     4 (+3 Reservadas á administración)

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

    10

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

     7

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

    12

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

     6

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

    10

 

Nos próximos días publicaremos a información relativa ao proceso de admisión que comezará o día 1 de marzo.

Un saúdo.

 

ATENCIÓN FAMILIAS COMEDOR

Bo día:

Adxunto tedes o menú  de comedor do mes de marzo.

Un saúdo

A directora

 

VACACIÓNS ENTROIDO

Bo día:

Informárvos que o luns, martes e mércores( 15,16 e 17 de febreiro) o noso centro, permanecerá pechado polas vacacións do entroido.

Aínda que estamos a vivir unha situación complicada, agardamos disfrutedes ao máximo dos vos@s fill@s, pero sempre con SENTIDIÑO. Vémonos o 18 de febreiro!.

Un saúdo. 

A directora

AVISO ÁS FAMILIAS

Queridas familias,

A ANPA con motivo do Entroido achegará a cada neno/a unha bolsiña con 2 freixós, 2 rosquillas e 2 orellas típicas desta festa e de elaboración artesanal, polo que xa NON é necesario que na merenda deste venres día 12 lles incluiades ningún destes doces.

Aqueles intolerantes a algún ou varios dos ingredientes tamén contarán coa súa merenda apta para eles (sen glute, sen ovo e sen lactosa).

En todo momento cumpriranse todas as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para a súa achega e distribución entre o alumnado.

Un saúdo.

NOVO PLAN DE CONVIVENCIA

Bo día:

Déixovos o novo plan de convivencia, para que lle botedes unha ollada...Nel refléxanse todos os aspectos relacionados ca mellora da convivencia do noso cole.

Un saúdo

A directora

POSITIVO EN COVID 19

Bo día:

Comunicarvos que no centro hai UN caso positivo en COVID 19.Acaban de comunicarmo. 

NON hai contactos estreitos, porque o membro da comunidade educativa que deu positivo, leva  días sin vir ao centro. 

Estamos a ter moita sorte (de momento) evitando  gromos.

 Como responsable do CEIP Plurilingüe O Ramo, pídovos que o sigades facendo tan ben como ata o de agora. ¡Con sentidiño, sairemos desta pandemia!.

Grazas.

Un saúdo.

A directora

MENÚ MES DE FEBREIRO

Bo día:

Adxunto déixovos o menú do comedor de Febreiro.

Un saúdo.

A directora

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Estimadas familias:

Como xa sabedes, o Entroido é unha das festas máis destacadas e celebradas do CEIP Plurilingüe O Ramo. Aínda que este ano non o poderemos levar a cabo como vén sendo tradicional e as familias non poderedes asistir ao festival, imos ceebralo cos nen@s igualmente, adaptando as actividades á situación actual. O  fío condutor deste ano será :

“O Eurovirus: todos contra o Covid”

Trátase de facer unha especie de “Festival de Eurovisión”no que cada clase se disfrazará dun país, previamente escollido. Cada titor/a informaravos do material que precisan os nen@s para disfrazarse.

O que si vos imos pedir é que o venres 12 de febrero lles mandedes unha merenda típica do Entroido.

Grazas pola vosa colaboración

Os equipos de AAEE e Dinamización

FASE DE RESERVA IES ADSCRITO - ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022 (6º Educación Primaria)

Estimadas familias:

Informámosvos que, segundo o disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado,  xa está aberto o prazo para presentar a solicitude de

 RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO ADSCRITO. (O instituto adscrito a este centro é o I.E.S de Fene)

Dito prazo comprende do 11 de xaneiro  ao 8 de febreiro.

- Aqueles que  desexedes que presentemos a reserva dende o centro, debedes entregar a solicitude de reserva que vos enviamos (anexo I) debidamente cuberto e asinado.

Poderedes entregalo na secretaría do centro (ou envialo na mochila do neno/a) con data límite o  5 de febreiro ou podedes facelo electrónicamente a través da aplicación (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

 

- Aqueles que NON queirades que presentemos a reserva dende o centro, debedes cubrir e asinar o documento de renuncia (anexo II)  e entregalo no centro polas mesmas vías propostas anteriormente.

 

Calquera dúbida, na secretaría do centro estamos á vosa disposición.

Aquí podedes acceder a toda a información relativa ao procedemento e á lexislación de interese.

 

Grazas.

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut