Skip to Content

Normalización Lingüística

ENTROIDO

Chegou o Meco á nosa escola e con el o Entroido.

O Entroido é unha celebración propia da nosa terra. Para coñecer as orixes e as características desta celebración preme nos seguintes enlaces.

http://www.galespa.com.ar/entroido_culturagalega.htm

http://gl.wikipedia.org/wiki/Entroido

MAGOSTO

O xoves 30 de outubro celebramos no colexio O Magosto,unha festa propia da nosa cultura. Esta festa ten como elementos principais a castaña e o lume, é nesta celebración onde a castaña recupera o protagonismo que a pataca arrebatoulle nos últimos séculos.

É común tiznarse a cara uns ós outros cos restos da fogata e saltala para que dea boa sorte.

                                        

SAMAÍN

Hai moitos anos viviron en Galicia os pobos celtas e deixaron entre outras moitas cousas, costumes e crenzas.

Crían que aquel/a que tivera a calaveira dun inimigo/a posuiría a forza máxica da súa pantasma.

Colocábanas encendidas nos lugares estrátexicos, servíndolle de defensa do mal. A festa do Samaín era en datas misteriosas, cadrando nos días nos que se rendía culto ós mortos e ás mortas. Ó chegaren as longas noites de outono, @s celtas celebraben o Samaín , colocando calaveiras encendidas nos cruces de camiños, nos muros, arredor dos castros . . . para espantar os malos espíritos. Agora lembramos esta celebración o 1 de novembro día de defuntos, data de meigas, pantasmas e bruxas.

 

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

No Ceip "O Ramo" potenciamos o uso do galego e pretendemos que a normalización lingüística sexa un feito constatable na vida académica, social e administrativa do centro.

Para conseguir dito obxectivo realizamos diferentes actividades e proxectos.

Temos un programa de achegamento das familias ao centro a través da celebración de "Festas e Tradicións". Este ano comezamos o curso coa "Festa da Benvida" onde cada neno/a trouxo un postre elaborado con produtos do outono típicos da zona.

Distribuir contido


by Dr. Radut