Skip to Content

  
  

Curso 2021/2022

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITA, HORTALIZAS E LEITE

Somos un centro adherido ao Programa Educativo de consumo de froita, hortalizas e leite.

Solicitude RESERVA de praza do alumnado de 6º de EP para o IES Miraflores

Dende o martes, 11 de xaneiro, ata o martes 8 de febreiro de 2022 (ambos inclusive) está aberto o prazo de reserva de praza no IES ao que o noso centro está adscrito (IES Miraflores).

 TODA A DOCUMENTACIÓN SERÁ ENTREGADA NO NOSO CENTRO

Todas as instruccións se poden seguir desde este enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

A solicitude se pode facer de forma manual ou por SEDE ELECTRÓNICA coa chave365 ou certificado dixital.

Horario de recollida de documentación: de luns a venres de 09:00 a 09:45 e os xoves de 13:15 a 13:45.

Importante:

 Se hai familias que queren cursar 1º da ESO noutro centro educativo, deberán esperar a que comece o prazo xeral de admisión e entregar a solicitude no centro elexido.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

SECTOR PAIS/NAIS ou TITORES/AS

Día: 22 de novembro

Horario: De 09:00 a 10:00 e de 17:00 a 20:00 horas

Lugar: Entrada do centro

SECTOR PROFESORADO

Día: 22 de novembro

Horario: De 16:00 a 17:00 horas

Lugar: Patio de infantil

O responsable do centro

 

 

XORNADA DE PRIMEIROS AUXILIOS

A comunidade educativa do CEIP Juana de Vega quere agradecerlle a Silvana, nai de alumnado do centro, por regalarlle a todo o profesorado unha xornada de aprendizaxe sobre PRIMEIROS AUXILIOS.

Moitas grazas.

Concesión de máscaras alumnado

1. Lexislación

ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). (DOG 12/11/21)

2. Beneficiarios

a) NON ten que presentar solicitude: Todo o alumnado con axuda de material escolar concedida.

b) ten que presentar solicitude.

  1. Quen pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  2. Alumnado matriculado en educación especial.
  3. Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.-
  4. Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

3. Prazos

Do 15 ao 26 de novembro.

4. Solicitudes

FORMA PRESENCIAL CON CITA PREVIA POR CORREO ELECTRÓNICO: ceip.oleiros@edu.xunta.gal

O responsable do centro.

 

EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

E AGORA TÓCALLE O TURNO AOS CONXUROS

EXPOSICIÓN DE VASOIRAS

A colaboración de tod@s permite obter resultados sorprendentes como o que se mostra no seguinte vídeo.

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Celebrado o sorteo para a constitución da xunta electoral.

Un saúdo.

Jorge Campos

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

24/11/21

3ª reunión da Xunta electoral cos seguintes acordos:

  1. Escrutinio sector pais/nais ou titores/as
  2. Escrutinio sector profesorado.
  3. Acta da 3ª reunión da Xunta Electoral

19/11/21

Circular informativa para os/as pais/nais ou titores/as.

15/11/2021

2ª reunión da Xunta electoral cos seguintes acordos:

  1. Aprobación dos censos electorais (se poden consultar nas dependencias do centro).
  2. Admisión, proclamación e publicación das candidaturas do sector de nais/pais ou titores/as.
  3. Admisión, proclamación e publicación das candidaturas do sector do profesorado.
  4. Aprobación de papeletas de votación.
  5. Sorteo público membros da mesa electoral do sector de nais/pais ou titores/as.(recollidos os resultados na acta).
  6. Acta da 2ª reunión da Xunta Electoral.

03/11/2021

1ª reunión da Xunta electoral cos seguintes acordos:

  1. Aprobación calendario de eleccións.
  2. Aprobación da convocatoria ao sector de pais/nais/titores.
  3. Aprobación da convocatoria ao sector do profesorado.
  4. Aprobación dos modelos de candidaturas.
  5. Acta da 1ª reunión da Xunta electoral.

27/10/2021

Celebrado o sorteo para a constitución da xunta electoral.

 Sorteo Xunta electoral.

26/10/2021

Iníciase o proceso de eleccións ao Consello Escolar para todos os sectores da comunidade educativa do centro.

Constitución da xunta electoral

Día: 27/10/21

Hora:09:00 horas.

Lugar:Sala de profesores do centro.

Medio: generador de numeros aleatorios on line

Unha vez realizado o sorteo, comunicarémonos coas persoas designadas.

Constitución da xunta electoral.

Un saúdo.

Jorge Campos

INFORMACIÓN I MPORTANTE

Si algún responsable das familias ten problemas para darse de alta na aplicación ABALARMOBIL, que mande un correo electrónico ao correo do centro: ceip.oleiros@edu.xunta.gal

O equipo responsable.

Distribuir contido


by Dr. Radut