Concesión de máscaras alumnado
1. Lexislación
ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). (DOG 12/11/21)
2. Beneficiarios
a) NON ten que presentar solicitude: Todo o alumnado con axuda de material escolar concedida.
b) SÍ ten que presentar solicitude.
- Quen pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.-
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
3. Prazos
Do 15 ao 26 de novembro.
4. Solicitudes
FORMA PRESENCIAL CON CITA PREVIA POR CORREO ELECTRÓNICO: ceip.oleiros@edu.xunta.gal
O responsable do centro.