Skip to Content

CONTOS

LA CASA DE TOMASA

 

Bos días!!!

Xa chegou outro venres e, como todos os venres, temos un contiño. Así que aquí vos deixo un moi bonito.

LA CASA DE TOMASA

 

 

Gustouvos o conto? Espero que sí. Agora o que podedes facer é debuxar a Tomasa e a súa casa e tamén podedes debuxar a vosa casa e comparar en que se parecen as dúas casas. Ánimo!!!

 

Tamén podedes facer unha casa con diferentes materiais. Aquí vos deixo algúns exemplos.

 

E para rematar un xoguiño:

SECUENCIAS DE FORMAS

 

Biquiños!!!Boa fin de semana!!!

 

 

 

EL COCODRILO AL QUE NO LE GUSTABA EL AGUA

 

Bos días nenas e nenos!!!

Xa estamos a xoves 18 de xuño. Só queda un día para que remate este curso tan “especial”!!!

Hoxe imos comezar vendo un conto precioso!!!

 

E a vós gústavos a auga? Seguro que sí. Aquí vos deixo un vídeo para facer xogos con auga, ahora que está a punto de comezar o verán!!!


 

Se queredes tamén podedes  facer un barco de papel para xogar na auga.

Aquí vos deixo os pasiños a seguir:

 

 

No verán tamén podedes facer experimentos con auga. Tedes neste enlace algúns exemplos.

 

 EXPERIMENTOS CON AUGA

 

 

E tamén para o verán, uns enlaces de xogos variados

XOGOS VARIADOS VERÁN 1

XOGOS VARIADOS VERÁN 2

 

Biquiños!!!

 

A VACA QUE PUXO UN OVO!!!

 

Ola nenas e nenos!!!               

Xa  chegou outro  venres e, coma todos os venres, temos que ir á biblioteca. Así que aquí vos deixo un conto moi bonito!!!

 

¿Gustouvos? Espero que sí.

Despois de ver o conto, podedes pasar un ratiño divertido facendo unha manualidade. Aquí vos deixo ideas.

 

 

Disfrutade moito da fin de semana!!!

Biquiños!!!

 

O MONSTRO DE CORES!!!

 

Bos días nenas e nenos!!!               

Xa  estamos  outra vez a  venres. Os días pasan rapidísimo,¿verdade?.

Estades preparados para o conto? Xa sabedes que hai que ir á biblioteca coma todos os venres. Así que alá imos!!!


 

Despois do conto, propóñovos varias actividades:

1.-Debuxar o monstro de cores cando está confuso e liado.

2.-Facer unha fichas interactivas sobre o conto.Estas fichas fanse directamente desde o enlace que vos envío(válidas para calquera dispositivo: móbil, tablet ou ordenador) e, unha vez rematada cada unha delas, se queredes, podedes enviarma directamente dende alí. Aquí vos explico como se fai: Ábrese a ficha, faise o exercicio e faise clic en "Terminado"  e sairavos un cadro onde tedes que cubrir o nome e enviar.

 

MONSTRO DE CORES

SERIES MONSTRO DE CORES

3.-Elaborar o voso propio monstro de cores. Aquí tedes algunha idea.

 

Disfrutade moito da fin de semana!!! Vémonos o luns!!!

Biquiños!!!

O COELLIÑO BRANCO

 

Ola nenas e nenos!!!               

Xa  chegou outro  venres, venres 22 de maio. E, coma todos os venres, xa sabedes que temos que ir á biblioteca. Así que aquí vos deixo un conto moi bonito!!!

 

O COELLIÑO BRANCO


 

¿Que vos pareceu o conto?¿Gustouvos? Espero que sí.

Despois de ver o conto, propóñovos tres cousiñas:

1.-Escribir o título do conto.

2.-Debuxar os personaxes que aparecen no conto.

3.- Facer un coelliño. Aquí vos deixo algunhas ideas.

 

Para rematar, tamén podedes escoitar o conto en forma de canción!!!

 

Biquiños e boa fin de semana!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut