Durante as últimas semanas recibimos a visita dalgúns deportistas locais e provinciais.
Visitáronnos o BURELA F.S. e o CLUB DEPORTIVO LUGO que nos contaron as súas experiencias no deporte profesional. Aproveitaron para convidarnos aos seus partidos e deixaron entradas a disposición das familias.
Tamén estivo presente o CLUBE DE ATLETISMO 'RÍA DE FOZ', unha agrupación local que a pesar da súa xuventude, 2 anos, conta con un montón de atletas.
Contounos moitas cousas interesantes sobre a historia do atletismo e regalou unhas camisetas aos que souberon contestar as preguntas finais correctamente. Tamén nos invitou a probar esta disciplina en calquera dos seus entrenamentos.
Moitas grazas a todos e todas por vir a visitarnos!