Skip to Content

Blogues

CELEBRAMOS O 8M

Recadación carreira solidaria

Froito da carreira solidaria " Kilómetros de solidaridade. Dereito a ser nena." celebrada no centro o pasado martes 8 de marzo, recaudamos un total de 473,74€ que xa foron ingresados na conta da ONG. 

 


Dende o centro queremos trasladar o agradecemento ás familias que tan xenerosamente colaboraron con esta causa.

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro conmemorouse o Día da Paz e, desde o centro na materia de Educación Física, quixemos facelo representando cos nosos corpos unhas palabras que para nós definen este concepto. 

 

Proxecto Aliméntate Ben

O colexio de O Areal participa este curso 2021-2022 no proxecto de Aliméntate Ben.

Esta iniciativa ten como finalidade fomentar hábitos de vida saudable entre o alumnado e a comunidade educativa, por iso desde o centro se realizan diferentes actividades encamiñadas a tal fin.

Comezamos no primeiro trimestre creando as nosas merendas saudables e terroríficas de Samaín, onde cada clase debía elaborar unha merenda terrorífica tendo como base da mesma a froita. Mirade que cousas tan bonitas prepararon os nosos nenos e nenas de Camariñas.

Unha vez rematado o Samaín, o alumnado de 1º e 2º, traballou cos produtos do outono e, sobre todo, os seus froitos. Con todos eles fixeron unha exposición na entrada da escola. A que lles quedou ben xeitosa?

 

Dado que un dos grandes acontecementos deses primeiros meses de curso foi a erupción do volcán da Palma, non podiamos esquecernos de botarlles unha man. Por iso, celebramos na escola o día que bautizamos como “Un plátano pola Palma”. Ese día, coa colaboración da AMPA, todo o alumnado merendou durante o recreo un plátano á vez que podía facer un donativo que ía destinado a axudar a todas esas persoas afectadas pola erupción.

Desde aquí, damos as grazas á AMPA por aportarnos os plátanos e ás familias por facer os donativos. En total recadáronse nada máis que 491,42€. Oxalá sexan de gran utilidade para todas esas persoas afectadas polo volcán.

Os nenos e nenas estaban moi contentos por poder merendar un plátano, mirade as súas caras de satisfacción.

Xa no segundo trimestre, continuamos con outras actividades. En primeiro lugar, o alumnado e as familias realizaron unha enquisa para coñecer os seus hábitos de vida. Aquí vos deixamos unha mostra da mesma.

Tamén, elaboramos un calendario de merendas coa finalidade de que cada vez sexan máis saudables.

Ademais, para promover o consumo da froita e, o consumo de froita variada, temos outras dúas propostas. Cada mércores, ao alumnado recoméndaselle traer unha froita concreta, de forma que ao longo do curso vaian probando as de cada tempada.

E por outra banda, creamos o frutómetro. Nese medidor de consumo de froita, o alumnado irá coloreando a casilla da froita que traia para merendar. Aquel que ao final de curso teña máis puntos, levará un premio.

Por se alguén ten dúbidas de que pode traer cada día, aquí vos deixamos algunhas ideas.

Nos seguintes meses comezamos cos programas de Froita escolar e Leite escolar, encadrados dentro deste proxecto de Aliméntate ben, promovido pola Xunta de Galicia.

Durante dúas semanas de febreiro, entre o 14 e o 25, tivemos a sorte de merendar froita todos os días. E, durante outras dúas, entre o 14 e o 25 de marzo, puidemos beber leite en cada recreo.

 

Notificación Consellería

Estimadas familias,

 

o pasado venres 18 de marzo, a Consellería fixo público o seguinte comunicado que adxuntamos a continuación en PDF.

CALENDARIO DE LECTURAS PARA O 8M

Aqui vos deixamos un calendario de lecturas para o 8M, e no arquivo adxunto máis abaixo, tendes os enlaces a cada unha delas.

 

 

VÍDEO FELICITACIÓN DE NADAL

Compartimos convosco o vídeo felicitación de Nadal, agardamos que vos guste!

 

Boas festas a todos/as

Recomendacións lectoras de Nadal

Recomendacións lectoras nadal

Traballamos sobre os volcáns

Distribuir contido


by Dr. Radut