EXPOSICIÓN DE CABAZAS
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Este ano con Voz Natura queremos unirnos á “ I Feira da Cabaza” que se celebra ao longo de todo o mes de outubro no municipio de Tui. Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns acollen exposicións de cabazas e actividades relacionadas con este producto.
Gustaríanos dar a coñecer a variedade de cabazas que hai. É un froito autóctono, de moi fácil coidado, vistoso e que ofrece moreas de posibilidades, dende gastronómicas ata decorativas.
No cole faremos a nosa propia exposición de cabazas, para iso, precisamos da vosa colaboración e gustaríanos que participasedes de xeito voluntario.
É moi sinxelo, so tedes que achegarnos cabazas con formas ou tamaños orixináis, cabazas decoradas, obxectos que podamos elaborar ou obter das cabazas (esponxas, cabelo de anxo…)… deixamos liberdade á vosa imaxinación, calquera producción propia que teña que ver coas cabazas estaremos encantados de recibila.
Con todas elas faremos unha exposición no corredor principal e mostraremos as fotografías de todas elas.
Aconsellamos que non as vaciedes xa que duran moi pouco, se as queredes decorar de Samaín é mellor pegarlle adornos, pintalas ou non poñerlles nada. Animámosvos a participar e a realizar esta actividade en familia.